Saltar ao contido

Cómoda victoria do REMAX para rematar a fase de clasificación.

A pasada domingo, os cadetes do REMAX, erguíanse cedo para recibir ao Bm Cañiza na última xornada da fase de clasificación previa ao playoff de ascenso a liga Ouro.

Partido sen trascendencia onde os nososo dominaron todas as facetas do xogo dende o inicio ata o final do envite. Os nosos que viñan de varias semanas atrás con boas sensacións e facendo moi bos adestramentos, tiñan a obriga de manter esa liña e quedarse cos dous puntos en Almeiras.

O culle plantexaba un plan de partido sinxelo, defender con moita intensidade e correr cara a porteria riva. É así foi, a disciplina táctica e a intensidade, permitíannos afastarnos no electrónico de forma sinxela e contundente, indo ao final dos primeiros trinta minutos cunha diferenza de vinte tantos.

Os cullerdenses mantiveron a intensidade e o bo facer na segunda metade, onde os da Cañiza, con tan só sete xogadores, non foron quen de frearnos en ningunha das facetas do xogo. Ao remate desta segunda metade, marcada por anotar case a totalidade de goles en contraataque en primeira e segunda ondada, o culle conseguía unha renda de máis de trinta tantos que nos acompañaría ata o final do envite.

Partido fácil para os cullerdenses, que pese a posible relaxación que este partido podería provocar neles, amosaron unha actitude e unha intensidade de dez.

Seguimos mellorando, imos a polo playoff!!!!!!!!!!!

Forza culle!!!

BmCulleredo RemaxRiazor 55-13 Bm Cañiza

BmCulleredo: Xoan Bello, Hugo Díaz (p), Hugo García (p), Jorge Outón, Xoan Canedo, Diego Piñeiro, Teo López, Hugo Rguez, Alex Tajes, Roi Fdez, Fabián Manzo, Iago Allegue, Jaime Serrano.

BmCañiza: Fabián Dominguez, Jairo Domínguez, Gabriel Domínguez, Daniel Domínguez, Iker Ribeiro, Raul Cobas, Roi Álvarez.

ARBITRAXE:

Enrique Folgoso e Victor Pérez.

INCIDENCIAS:

Derradeira xornada da fase de clasificación para o PLAYOFF de liga Ouro desputada no municipal de Almeiras cunha gran entrada de siareiros cullerdenses.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *