Saltar ao contido

ÉXITO DO SWEEDPEND QUE É DE LIGA OURO

O Sweedpend xa é de liga de Ouro, esta xeración de cullerdenses conseguen un ano máis estar na máxima categoría do balonmán galego .

Os rivais neste sector o Ribeiro, Balonmán Chapela e o Luceros de Cangas.

No primeiro encontro os nosos xuvenís enfrontaríanse o equipo ourensano do Ribeiro, onde o Sweedpend impoñia o ritmo de partido sobretodo a nivel defensivo onde só encaixaría 9 goles na primeira metade. Pola contra na fase ofensiva dobraria esta cifra ata os 20 goles, demostrando a velocidade no contrataque e o xogo colectivo no ataque estático. 20-9 o resultado o descanso.

A segunda metade sería a mesma tónica o ataque individualizado do Ribeiro non estaba a superar a defensa cullerdense, que plantexaba un 6:0 moi compacto. O Sweedpend seguia a manter a velocidade no ataque que lle daba un plus de cara o gol final . Mentres seguía a plantexar un ritmo defensivo moi alto .

Resultado final: Bm Culleredo Sweedpend 36- Ribeiro 22

No segundo encontro os cullerdenses enfrontábase o Luceros filial do Balonmán Cangas , equipo da máxima categoría do balonmán estatal .

Un gran incio cun parcial de 15-6 no marcador reflexaba a superioridade do Sweedpend pero co paso dos minutos e tanto erros de lanzamento de 1x0 e a desconcetración e o bó xogo colectivo do Luceros facía cambiar a dinámica do encontro . 21-15 no descanso .

Na segunda metade non cambiou moito a defensa 5:1 do Sweedpend non estaba a funcionar correctamente e os fallos de lanzamento continuaban xogando en contra do equipo cullerdense.

Un cambio no sistema defnsivo que pasou a 6:0 deu aire de confianza a hora de manter un plan defensivo e poder controlar o encontro , que acabaría cunha difrencia de 9 goles.

Resultado final: Bm Culleredo Sweedpend 38-Buenas Migas Luceros 29.

No último encontro o equipo cullerdense enfrontábase ao último clasificado do grupo , o Balonmán Chapela. Un encontro que estivo marcado por un inicio moi igualado ata o minuto 15 onde o Sweedpend cambiou o sistema a 5:1 onde puido romper o xogo do equipo vigués e conseguir imprecións rivais para poder sair rápido o contrataque.

Na segunda metade pese a volver a baixar o ritmo defensivo nos primeiros minutos o equipo reconpuxose para poder dar outro arreón e poder ampliar a ventaxa a 10-12 goles , o ritmo defensivo melloraba e daba tranquilidad para afrontar os últimos minutos do encontro .

Resultado final: Balonmán Culleredo Sweedpend 46- Bm Chapela 28

Noraboa ao Sweedpend por un novo éxito no Balonman Culleredo , xa que un ano maís estaran na categoría xuvenil e liga de Ouro , isto tamén ten que ver o gran grupo de xuvenís que entrenan xuntos toda a semana .

Noraboa. ¡¡

Xogaron por parte do Balonmán Sweedpend: Marco González, Hugo Díaz, Alejo Martinez, Lucas Sánchez, Atalo Bello, Adrián Veira, Nicolás Casal, David Martinez, Daniel González, Aarón Blanco,Iván Sánchez,Samuel Seijas, Félix Noya, Antón Pérez, Jose Miguel Martinez y Marcos Regueiro.

INCIDENCIAS: Play Off de ascenso a liga de Ouro do grupo E , disputado nos pavillóns municipais de Almeiras y Tarrío en Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *