Saltar ao contido

O NOSOLOMADERA XOGARÁ A LIGA DE OURO

Éxito do Nosolomadera para poder conseguir unha praza a liga de Ouro neste Play Off de ascenso.

O Balonmán Linea 21, S.D Teucro e o Cisne Colegio los Sauces eran os rivais a batir.

O Nosolomadera comezaba o venres a xogar contra o equipo pontevdrés do Teucro , onde xa dende moi pronto conseguia unha gran diferencia no marcador que lle propocianaba levar o dominio do encontro , o ritmo defensivo propiciaba contrataque en primeira oleada ou transicións rápidas que o equipo pontevdrés non era capaz de solucionar .

No descanso 21-8 no marcador.

A segunda metáde tivo a mesma tónica, a defensa 6:0 do Teucro non era capaz de para o ataque cullerdense do Nosolomadera, a velocidade de circulación do balón estaba a ser un problema para a defensa pontevedresa. O ritmo dos infantis de culleredo era superior e acadaban a victoria fronte o Teucro.

Resultado final: Bm Culleredo Nosolomadera 44- S.D Teucro 19

No segundo encontro o Nosolomadera enfrontábase ao Linea 21 de Coruña, un equipo que está a competir con gran agrado . Neste encontro a igualdade e a intensidade estivo presente en todo o encontro . A defensas profundas e dinámicas proporcionaban estar activos na fase ofensiva e os erros ianse pagar moi caros. O Nosolomadera conseguia pequenas ventaxas no marcador pero ainda asi non se distanciaban demasiado do equipo coruñés que aproveitaba os erros locais e os acertos mesmos para estar moi cerca do marcador. O descanso 18-14 para o equipo cullerdense.

Na segunda metade o partido seguiu coa mesma intensidade , O Nosolomadera seguia co mono de traballo a nivel denfensivo para poder frear o ataque do Linea 21 que a pesar de encontrar lanzamentos e zonas ineficazes conseguían o gol. Pero un gran esforzo a nivel colectivo sobretodo nos últimos 10 minutos otorgaban a victoria e os dous puntos o Nosolomadera . Gran partido vivido entre os dous equipos da provincia.

Resultado final : Bm Culleredo Nosolomadera 33- BM Linea 21 Transgalo 28.

No último encontro os infantís cullerdenses enfrontábanse ao Balonmán Cisne Colegio los Sauces, filial dun recién descendido da liga Asobal , a máxima categoría do balonmán español .

Un encontro que destacou a velocidade de circulación de balón do equipo cullerdense ante a defensa 5:1 e 6:0 plana do equipo pontevedrés.

O Nosolomadera conseguía darlle unha boa fluidez de balón para poder penetrar a defensa visitante, o balón chegaba en boas situacións para os extremos e para as penetracións dos laterais. Só cun xogo tan sencillo os infantis do culleredo conseguían unha ventaxa amplia que lle otorgaba a victoria e acabar invictos neste Play Off de ascenso.

Resultado final : Bm Culleredo Sutenor 34- Cisne Colegio Los Sauces 23.

Noraboa aos compoñentes do Nosolomadera e a toda a sección infantil masculina que e participe de este éxito , sen todos eles non sería posible. Grazas e noraboa ¡¡.

Felicitar tamén ao Balonmán Linea 21 Transgalo polo ascenso a Liga de Ouro .

xogaron por parte do Balonmán Culleredo Nosolomadera: Mateo Basanta, Sebastián Ponte, Antón Rodriguez, Teo Gómez, Iván Gantés, Martin Casal, Alexis Martinez, Isaac Lorenzo, Alejandro Soto , Jacobo Soto, Mauro Fernández y Aitor Fariña.

INCIDENCIAS: Play Off de ascenso a liga de Ouro do grupo C , disputado nos pavillóns municipais de Almeiras e Tarrío en Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *