
O Balonmán Culleredo Sutenor logrou esta finde semana a ansiada praza para poder disputar a máxima categoría do balonmán galego. Ademáis o logrou dominando o seu grupo de play off.
Este Play Off contaba con equipos como o Balonmán Porriño, A.D Carballal, e o Balonmán Sanxenxo e curiosamente tanto o Porriño como o Sanxenxo conseguiron tamén pase a liga de Ouro.
O vernes pola tarde comezaban os partidos en o Culleredo Sutenor comenzaba xogando contra o Balonmán Porriño onde xa se enfrantarán na fase previa con vicotria cullerdense. O encontro comezaba moi igualado , onde os nervos reflexaban o estado dos dous equipos no comezo do encontro, as defensas impoñianse neste incio.Co paso dos minutos o Sutenor foise metendo no partido conseguindo rentas de 2-3 goles , ata chegar a primeira parte con un +4 .(11-7 no descanso).
Na segunda metade o Sutenor impuxo un bó ritmo defensivo e só encaixou 2 goles nos primeiros 15 minutos, isto fixo decantar o encontro que pese a no ter un gran acerto ofensivo, o equipo cullerdense tomaba unha ventaxa de 9-10 goles que lle daba para conseguir a primeira victoria do play Off.
Resultado final : BM Culleredo Sutenor 24- Balonán Porriño 13.
No segundo encontro as nosas infantís enfrentabánse de novo a un equipo compricado como o Balonmán Sanxenxo.
A nosas querian impoñer de novo o seu plan defensivo e así foi . 5 goles encaixados nos primeiros 5 muntos otorgaban unha ventaxa de 5 goles. Na fase ofensiva o xogo de pase e vai e as continuación rápidas de balón otorgaban un bó rendemento na fase ofensiva onde se conseguia chegar o descanso cun 15-9 no marcador.
Na segunda metade houbo no comenzo un encontro igualado , o Sutenor tiña o encontro encarrilado e controlado , e pouco a pouco foise distanciando máis ata tenr unha renta de +13. Isto daballe o equipo culerdense 2 puntos que a priori daba xa unha praza para a liga de Ouro , pero ainda si quedaba un partido para certificala praza.
Resultado Final : Bm Culleredo Sutenor 33- BM Sanxenco 21.
No derradeiro encontro o Sutenor enfrontabase ao A.D Carballal , o equipo vigués xa non se xogaba nada , non tiña opcións de acadar un praza. e o Sutenor xa tiña os deberes feitos.
Un encontro cun incio igualado onde o equipo cullerdense foi madurando ata conseguir certas ventaxas que lle daban comodidade para levar o encontro o seu ritmo .
A defensa profunda 3:3 do Carballal non estaba a crear problemas o ataque cullerdense , e na fase defensiva o Sutenor seguía cun bó ritmo e só concediendo goles en zonas pouco eficaces.
Na segunda metade e xa cunha diferencia no marcador bastante ampla o Sutenor non baixaba o ritmo ata o pitido final para así acabar este Play Off invicto .
Resultado final: Bm Culleredo Sutenor 38 -A.D Carballal 16
Felicidades a todas as compoñentes do Sutenor e a toda a categoría infantil feminina do clube que todas son parte de este éxito .
Noraboa polo ascenso a Liga de Ouro .
Forza Culle.
Por parte do Balonmán Culleredo Sutenor xogaron: Sara Fernández, Sara Bello, Thais Villaverde, Sara Villar, Claudia Soto , Noa Otón, Eva Outón, Rosalía Vázquez, Alba Fernández, Lola Romero, Sofía Meijide, Helena Portas y Maria Otero.
INCIDENCIAS: Play Off do grupo D para o ascenso a liga de ouro, disputado nos pavillóns municipais de Almeiras e Tarrio no concello de Cullerdo .
