Saltar ao contido

Pleno de vitorias para o Cristalería Gestal

Derradeira xornada desta Pretempada Prata da categoría infantil feminina na que as nosas xogadoras pechaban a competición coa 3ª vitoria en sendos encontros.

Comezaban as nosas algo dubidativas en ataque, pero remataban por atopalo camiño á portería a partir do pase e vai e a continuidade á pivote que volvía a gañala liña dos 6m.

Despois deste bo arranque viñan momentos de dúbidas, con moitas perdas en ataque por estar estáticas e permitir que as de Carballo tomasen a iniciativa. A esta dinámica en ataque habería que sumarlle os erros defensivos, anticipándonos ás axudas e deixando completamente libre á pivote en múltiples ocasións.

Teríamos entón o mellor momento do partido, xa máis asentadas en defensa, indo ás axudas en tempo e con contundencia para frear calquera acometida das carballesas e xogando sen balón en ataque. Isto permitíanos ir 5 goles arriba no descanso.

A segunda parte sería voltar a esos malos momentos xa vividos no 1º periodo, os erros de lanzamento e as múltiples perdas, froito de estar estáticas, permitíanlle ás rapazas do Xiria subir con velocidade ao contragolpe e por momentos apretar o encontro. Unha boa reacción final permitíanos mantela vantaxe conseguida no 1º acto e rematar co 24-19 final.

Bm Culleredo Cristalería Gestal: 24 (12+12) Sara, Uxía Otero, Cintia, Aitana, Inés, Martina, Sofía, Elena, Celia, Aldara, Uxía Seoane, Antía, Lola.

Tubasys Xiria: 19 (7+12) Noa, Carmen, Alba Mourelle, Lara Sande, Alba Lamas, Lara Pensado, Paula, Sofía, Sara.

Árbitros: Iago Allegue e Xoán Bello, correctos durante todo o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 3ª xornada da Pretempada Prata infantil feminina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *