Saltar ao contido

Previa da xornada

Xornada intensa a que se vivirá esta fin de semana en Culleredo, con 19 partidos en xogo, 18 deles encadrados dentros dos Play Off infantís feminino e masculino e o Play Off xuvenil masculino.

(IF) BM CULLEREDO SUTENOR PLAY-OFF

Novo Play Off de ascenso a Liga Ouro para o infantil feminio do Sutenor, que buscará con moitas ganas e despois dun duro traballo na pretempada, unha praza que lle da a posibilidade de xogar na máxima categoría do balonmán galego. Para iso terá que enfrontarse a equipos tan compricados como o filial do Porriño equipo da liga Iberdrola, Sanxenxo e Carballal serán, que serán os outros rivais a batir.

(IM) BM CULLEREDO NOSOLOMADERA PLAY-OFF

O Nosolomadera esta fin de semana ten a oportunidade de conseguir a clasificación á Liga de Ouro. Para iso terá que competir ó máximo nivel ante o Línea 21 que está a competir todos os partidos da fase previa con bos resultados, o Cisne, equipo filial dun clube recién descendido da Asobal e por último ó filial do Teucro, outro ilustre do balonmán galego. Moita ilusión no equipo cullerdense que amosará neste play off de ascenso todo o seu potencial para conseguir esa praza tan ansiada.

(CM) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR VS XESTASERVI BM CAÑIZA

O BM.Culleredo Remax Riazor, recibe este próximo Domingo ao Xestaservi BM.Cañiza co obxectivo de conseguir os dous puntos en xogo e desta forma lograr o segundo posto do grupo B da fase de clasificación. O encontro disputarase no municipal de Almeriras ás 10:30h. O conxunto de Culleredo deberá de subir as súas prestacións a nivel competitivo, especialmente en facetas defensivas e minimizar os erros e as perdas de balón. O equipo debe de continuar crecendo en disciplina táctica e en manter unha regularidade maior nos sesenta minutos de partido.

(XM) BM CULLEREDO SWEEPEND PLAY-OFF

Esta fin de semana, o BM.Culleredo Sweepend disputará o Play-Off xuvenil masculino para poder conseguir unha nova participación na liga Ouro da categoría. O conxunto cullerdense, que parte como cabeza de serie, disputará os seus encontros no municipal de Tarrío ante os equipos Carnes Do Ribeiro (Ribadavia), Boas Migas Luceros (Cangas do Morrazo) e Balonmán Chapela (Chapela-Redondela). O obxectivo é alcanzar a primeira praza deste grupo e, con iso, a clasificación para esa Liga Ouro na tempada que se aveciña. A orde de partidos será o anteriormente establecido, comenzando o venres ante o conxunto Ourensán (21.00), para seguir o Sábado ante o pontevedrés (20:00h) e terminar o Domingo ante outro equipo da provincia de Pontevedra, o Balonmán Chapela de Redondela (19.30). Ante a esixencia do grupo, os cullerdenses deberán de realizar tres partidos moi serios, cun ritmo moi alto e onde o seu nivel defensivo sexa sobresainte. Parece obvio que ante tres partidos consecutivos, as rotacións serán claves para obter o premio final.

(SM) GALDAR VS SWEEPEND CULLEREDO

O Sweepend Culleredo, viaxa esta próxima fin de semana ás illas afortunadas, no que será un novo test a domicilio para os de Culleredo. O Domingo ás 12.00 (Hora insular), o conxunto cullerdense sairá á pista do Juan Vega Mateos para enfrontarse a un Galdar que, do mesmo xeito que o Sweepend Culleredo, aínda non conseguiu inaugurar a marcadora de puntos. Será por tanto unha batalla por iniciar esa conta por parte de ambos os equipos, nun partido no que os de Culleredo veranse lastrados polas numerosas baixas que están a ter neste inicio de tempada, ás que se suma a de Marco García, por unha lesión no seu xeonllo dereito no encontro da fin de semana pasada en Carballo. O Sweepend Culleredo deberá de realizar un encontro serio e sen erros, onde a defensa cumpra a un moi bo nivel e o partido váiase a uns algarismos curtos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *