Saltar ao contido

Chegou a 1ª vitoria da tempada para o Climanosa

Abrían a mañá do sábado os xogadores do Climanosa, que buscaban resarcirse tralas 2 primeirsa derrotas sufridas nesta tempada.

Comezaban os nosos moi enchufados no encontro, con unha defensa ben plantada, coas axudas sempre a tempo e contundentes e levando aos rivais a donde máis nos interesaba. Co excelente traballo defensivo chegaban os roubos de balón, que nos permitían correr e anotar goles sinxelos ao contraataque. No ataque posicional as ideas estaban moi claras, xogando sempre a partir do pase e vai co pivote e conectando cos extremos para a partires de ahí poder xogar mellor sen o balón. Sen embargo, o abuso do bote en certos tramos desta segunda parte facía o noso ataque máis lento e costábanos algunhas perdas de balón.

Chegábamos á segunda parte e comezábamos moi confiados pola vantaxe do 1º tempo, pagando esa relaxación defensiva con 4 goles encaixados nos 5 primeiros minutos do 2º tempo. Tocaba voltar ao traballo, recuperala intensidade e consigo o control do encontro, co que chegarían os mellores minutos do Climanosa tanto a nivel defensivo como ofensivo. Moi bo traballo destos rapaces que amosan que siguen a medrar cada día.

Bm Culleredo Climanosa: 37 (21+16) Iago, Xurxo, Hugo, Jaime, Nicolás, Antón, Jacobo, Samuel, Roi, Mario, Guillermo.

Ferrol Balonmán Narón: 16 (8+8) Mateo, Javier, Ismael, Onan, Arturo, Duarte, Anxo, Eneko, Markos, Manuel, David, Iván, Bruno.

Árbitros: Martina Regueiro e Daniel González, levaron adecuadamente o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 3ª xornada da Pretempada de Prata.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *