Saltar ao contido

O Óptica Gallaecia cae no 3º encontro

Tralo bo papel feito nos 2 primeiros encontros desta Pretempada Prata, tocáballes aos rapaces do Óptica Gallaecia afrontar un difícil encontro fronte ao Atlántico.

Comezábamos o partido moi acelerados, con un gran número de perdas pola precipitación en ataque e recibindo goles ao contraataque, co que recibiríamos un primeiro parcial negativo. Tocaba reaccionar e co paso dos minutos iríamos atopando o camiño en ataque, a través das conexións co pivote e o xogo sen balón acabaríamos chegando a boas situacións de lanzamento. Sen embargo, os erros individuais a nivel defensivo e a diferenza antropométrica cos rivais impedíannos acercarnos no marcador e chegaríamos ao descanso 7 goles por abaixo.

Tralo paso polos vestiarios non conseguimos cambiala dinámica e os nosos víanse bloqueados en ataque, sufrindo para chegar con opcións á portería rival e con moito cansancio xa acumulado. Chegaba o tramo final do encontro e con él a reacción dos nosos, que agora si eran quen de atopalo camiño ao gol e recuperar varios balóns que nos permitían recortar algo a distancia para chegar ao final co definitivo 26-37.

Bm Culleredo Óptica Gallaecia: 26 (10+16) Mauro, Hugo Nodar, Pablo Hermida, Pablo Penelas, Jacobo, Anxo, Aarón, Hugo Fariña, Fran, Carlos.

Club Balonmano Atlántico: 37 (17+20) Mateo, Bruno, Tomás, Mauro, Juán, Samuel, Gael, Airam, Mario, Roque, Pablo, Martín, Eiker.

Árbitros: Martina Regueiro e Daniel González, levaron adecuadamente o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 3ª xornada da Pretempada de Prata.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *