Saltar ao contido

VICTORIA E LIDERATO DE GRUPO

Último partido da fase de clasificación , onde o Balonmán Culleredo Sutenor consegue a terceira victoria e por tanto o liderato que da pé a ser cabeza de serie de cara o Play Off de ascenso a liga de Ouro.

No derradeiro encontro as nosas infantís do Sutenor enfrontábanse ante o Balonmán Atlántico-Abegondo. Na primeira metade na fase defensiva o Sutenor estivo acertado pero moi hundido sobre todo na primeira liña defensiva , moitos despistes que propiciaban boas accións efectivas do equipo local , ainda así o equipo cullerdense foise recompoñendo nas tarefas defensivas e só conseguian encaixar 7 goles .

Na fase ofensiva moitas imprecisións , sobre todo de cara o lanzamento a porteria , e moita pasividade , sen desmarques e movilidade no ataque cullerdense.

Unha primeira parte irregular do Sutenor que conseguía estar por diante e acabar a primeira parte cun 7-11 no marcador.l

Na segunda metade o Sutenor saiu moito máis enchufado , na fase defensiva o equipo estivo máis profundo e axundandose todas xuntas, isto propiciaba moitos erros no ataque do equipo local , así que o Sutenor lograba recuperar moitos balóns para poder armar o seu ataque.

Na fase ofensiva as infantís cullerdenses estiveron maís atinadas, moito máis dinámicas , o xogo colectivo comexaba a aparecer e todo isto rompía o marcador e o partido , a diferencia entre a primeira parte e a segunda era notable.

Felicidades ao equipo do Sutenor que consegue ser cabeza de serie de cara o Play Off a liga ouro , grazas ao esforzo dende o 1 de Agosto ata a finalización desta fase previa.

Agora toca o maís duro , seguir preparando esta semana o Play Off para poder acadar o obxetivo de entrar na máxima categoría do balonmán galego .

FORZA CULLE.

RESULTADO FINAL BM ABEGONDO ATLÁNTICO 10- BM CULLEREDO SUTENOR 28

BM ABEGONDO-ATLÁNTICO: Elena Carro, Erika Larrea, Carla Suárez, Kyra Saavedra, Noa Moar, Carla Barros, Marina Rodilla, Elena Romeo, Adriana Salgado.

BM CULLEREDO SUTENOR: Sara Fernández, María Otero, Thais Villaverde, Alba Fernández, Eva Outón, Noa Otón, Sara Villar, Helena Portas, Rosalía Vázquez,Claudia Soto.

PARCIALES CADA 5`: 2-4/2-6/5-9/6-10/7-11/8-15/8-17/9-19/10-24/10-29

ÁRBITROS: Iván Alfonso

INCIDENCIAS_: Xornada 3 da fase de clasificación , disputado no pavillón municipal de Valle Inclán en Perillo- Oleiros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *