Saltar ao contido

O FISIOTERAPIA BENESTAR REMATA CON DERROTA A PRIMEIRA FASE DE ASCENSO A LIGA OURO

O Bm Candas impúsoxe con claridade o Bm Culleredo, nun encontro no que as cangesas impuxeron a súa superioridade na segunda metade.

Cangas aproveitou a súa oportunidade na segunda parte para facerse coa victoria e pasar os play off da Liga Ouro coma cabeza de serie do grupo A.

Aínda que as cangesas xa clasificadas non necesitaban forzala máquina ,foron por diante do marcador na primeira parte ata o minuto 20.

Encontro que comezaba mellor para as visitantes consecuencia dos fallos de lanzamento das de Cangas. Controlaban o encontro as de Lucía cunha mínima remontada de 2-3 goles durante a parte final da primeira parte.

As malas estadísticas na primeira parte das locais, favoreceron ó xogo do Bm Culleredo Fisioterapia Benestar

Pouco a pouco o Culleredo comeza a carburar. Trala derrota do fin de semana pasada fronte o Meaño, o cadro cullerdense, mellorou no seu terceiro compromiso, fronte o Bm Cangas, nun encontro no que as locais remontaron a súa desventaxa.

As do Fisioterapia Benestar souberon plantar cara as de Cangas durante a primeira metade. E é que o cadro cullerdense conseguiu chegar ó tempo de descanso con 11-12 no marcador a favor.

Unha defensa 6:0 e un ataque con aperturas da primeira linea , conseguían cas visitantes foran pasiño a pasiño subindo goles o seu marcador.

Trala reanudacion, o Bm Cangas mellorou a defensa, pero tamén a súa efectividade no ataque. Con 14-12, a técnica das visitantes viase obrigada a solicitar un tempo morto na busca da reacción das súas xogadoras, pero o Cangas continuou mostrando a súa superioridade ata chegar a ter unha ventaxa de 11 goles, que quedou finalmente en 10 para termiñar impoñéndose por 30-20.

As perdas de balón foi o peor enemigo do encontro para as visitantes, aproveitadas polo equipo rival cas convertía en contras. Isto provocou cas cullerdenses baixaran o seu nivel de concentración e rendimento e se complicara a súa primeira victoria.

Outra derrota nesta fase para as cullerdenses, que agora teñen na mente a súa participación nos play offs, xa que a pesar de non conseguir obter ningún punto, conseguen pasar a seguinte fase. Nesta semana saberanse os seus rivais para loitar e poder conseguir unha das prazas que darán aceso a xogar esta tempada na Liga de Ouro.

DENTAL PABLO SIEIRO BM. CANGAS 30 (11+19): Ana Cancelas Iglesias , Leire Brun Bonet, Sabela Chapela Rios, Goretti Carballal Lopez, Emma Rial Salgueiro, Aitana Lorenzo Riobo, Nuria Villar Eiroa , Ana Costas Iglesias ,Eva Gonzalez Gonzalez, Raquel Rial Otero, Elba Nogueira Lovera, Irene Dios Loureiro, Nerea Trigo Fernandez , Alba Del Valle Santamarina

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 20 (12+8): Carla Muiño Cancela, Lucia Ines Cortegoso Rey ,Aroa Garcia Pena, Adriana Vazquez Rivas , Paula Peteiro Vazquez, Lua Fernandez Nuñez ,Luana Gomez Fuentes, Antia Ferreño Fernandez, Valentina Martinez Fiuza, Carmela Erias Vazquez, Irene Rodriguez Fernandez , Sara Fraga Fraga , Nadia Martinez Garcia

Parciais cada 5 min: 1-2/4-2/8-7/9-6/9-9/11-12 descanso 14-12/18-12/24-15/25-17/27-19/30-20 final

Colexiados:. Cesar Diaz Garcia y Daniel Paredes Hermida. Excluiron dous minutos Elba Nogueira polo equipol local.

Incidencias: 3ª xornada da fase de clasificacion a Liga Ouro no Pavillón Municipal de O Gatañal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *