Saltar ao contido

O SWEEPEND CULLEREDO CEDE ANTE O CALVO XIRIA NA SEGUNDA PARTE DO DERBI PROVINCIAL

Gran ambiente o que había este Sábado en Carballo para a disputa do primeiro derbi provincial entre o Calvo Xiria e o Sweepend Culleredo.
Despois dun inicio igualado e uns primeiros instantes de alternativas mínimas no marcador, o Sweepend Culleredo aumentaría as súas prestacións co paso dos minutos para dominar o envite cunha solidez defensiva notable e unha clarividencia en ataque que colocaba ao conxunto cullerdense ata con cinco goles de vantaxe (8-13). Con todo, a reacción dos bergantiñáns non se faría esperar e cun cambio defensivo a 5:1, conseguiría provocar certas dúbidas no ataque dos de Culleredo e reducir as diferenzas a dous goles no tempo de descanso (14-16).
A profundidade defensiva do avanzado continuaría sementando problemas no posicional dos visitantes no segundo acto, excesivamente acelerados e precipitados ante a portería rival. A gran distancia que había entre a primeira e segunda liña defensiva dos locais e os amplos espazos ás costas do avanzado local, non estaban a ser aproveitados polos atacantes do Sweepend Culleredo, demasiado estáticos e carentes de mobilidade no xogo sen balón. Por contra, Hugo Rodríguez botábase o equipo ás costas para asinar un último cuarto de partido sobresainte a nivel anotador e selar finalmente a remontada do conxunto de Carballo.
Mellora notable do Sweepend Culleredo con respecto á fin de semana anterior, aínda que cabe lamentar unha nova lesión, a de Marco García, que nas próximas horas deberá de pasar polos servizos médicos para unha avaliación da mesma.

A próxima fin de semana, o Sweepend Culleredo voltará a disputar o seu partido a domicilio, neste caso a primeira viaxe ás illas afortunadas onde espera o Galdar Gran Canaria o Domingo ás 12:00h.

Calvo Xiria: 31 (14+17). Darío Calviño (P), Alejandro Vázquez (P), Aarón Rodríguez (3), Gabriel Castiñeiras (2), Mario García De Searez, Julián García (4), Hugo Rodríguez (8), Ángel Viña, Samuel Veiga, Diego Antelo (2), Jorge Bouzas (1), Rubén Anes, Mario Cancela (7), Eduardo Cousillas (4).

Sweepend Culleredo : 26 (16+10). Jorge López (P), Oscar Bello (P), Marcos Vázquez (4), Martín Insua, Carlos Costa (1), Miguel Casal (4), Pedro Pereira (2), Daniel Salvador (3), Marco García (3), Adrián Díaz (2), Carlos Martín, Iago Ferreiro (2), Darío Pérez (2), , Samuel Seijas (3), Nuno Loxo, Senén Garea.

Parciais cada 5´: 3-3 / 6-5 / 7-8 / 8-12 / 11-14 / 14-16 / Descanso / 17-18 / 19-19 / 21-19 / 26-21 / 28-23 / 31-26 / Final.

Colexiados: Fernando Iñán e José Manuel García.

Incidencias: Partido correspondiente a segunda xornada no grupo A da 1ª nacional en categoría senior masculina e primeiro derbi da tempada para ambos os conxuntos. Encontro disputado nun Vila De Noia abarrotado de xente de ambos equipos e que vivíu outros eventos festivos enmarcados dentro dos 40 anos do clube local e unha merecida homenaxe adicada ao xogador Manuel Méndez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *