Saltar ao contido

Previa da xornada

Toca nova xornada de competición neste tramo inicial da tempada, con parte dos nosos equipos cos deberes xa feitos nestas primeiras fases e con partidos moi importantes como é o encontro dos nosos senior en Carballo que é de vital importancia de cara aos obxetivos da tempada.

(IF) BM ABEGONDO-ATLÁNTICO VS BM CULLEREDO SUTENOR

Partido das nosas infantís en Oleiros coa clasificación como cabezas de serie acadada. Toca un partido no que debemos continuar traballando na boa liña que estamos a levar para chegar ao Play-Off na mellor das formas e conseguir unha praza la Liga Ouro.

(IF) BM CULLEREDO CRISTALERÍA GESTAL VS TUBASYS XIRIA

Terceira xornada para as nosas infantís do Cristalería Gestal, que intentarán pechar esta fase de pretempada coa terceira vitoria en sendos encontros. O bo nivel defensivo visto ata o de agora será imprescindible para conseguilos 2 puntos.

(IM) BM CULLEREDO CLIMANOSA VS FERROL BALONMÁN NARÓN

Terceiro partido para o Climanosa que buscará acadala 1ª vitoria desta tempada 23/24, tralos difíciles partidos anteriores, afrontarán desta vez un encontro máis igualado no que de seguro loitarán polos 2 puntos.

(IM) BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA VS CLUB BALONMANO ATLÁNTICO

O Óptica Gallaecia afronta este fin de semana o derradeiro encontro desta fase de pretempada ante o que de seguro será o rival máis duro do grupo. Os de Oleiros esixirán ao máximo aos nosos rapaces que loitarán ata o final por conseguilo pleno de vitorias.

(CF) DENTAL PABLO SIEIRO BM CANGAS VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

Última xornada desta primeira Fase de ascenso a Liga Ouro.

O sábado 23 as 10:30 as cullerdenses desprázanse ó Pavillón Municipal de O Gatañal.

Logo de dous fins de semana perdendo por pequenas diferencias e verse ás portas da victoria, as cullerdenses mostrarán de novo o bo xogo que están a demostrar na pista, e farán fronte as cangesas.

(XM) BM CULLEREDO SWEEPEND VS BALONMÁN CHAPELA

Partido decisivo o que vai disputar este próximo Domingo o BM.Culleredo Sweepend ante o Balonmán Chapela. Os cullerdenses deberán de conseguir os dous puntos en xogo nunha vitoria que ademais deberá de ser pola maior diferenza posible se o conxunto de Culleredo desexa conseguir a primeira praza do grupo de clasificación e, polo tanto, ser cabeza de serie dos próximos Paly-Off na categoría masculina xuvenil. O encontro disputarase no municipal de Tarrío ás 13:00h.

(SM) CALVO XIRIA VS SWEEPEND CULLEREDO

Partido atractivo o que disputará este sábado ás 20:00h o Sweepend Culleredo en Carballo e é que esta segunda xornada da primeira nacional, depararanos o primeiro derbi da tempada nunha festa do balonmán provincial. Para o conxunto cullerdense, é unha nova oportunidade de estrear a marcadora de triunfos nesta categoría, pero moito terá que mellorar nas catro fases do xogo para impoñerse a un rival sempre competitivo e coa moral na cima grazas á vitoria a domicilio da pasada semana. O encontro terá lugar nun Vila De Noia que se espera vista as suas mellores galas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *