Saltar ao contido

O Nosolomadera certifica o seu pase como cabeza de serie

Desprazábanse os rapaces do Nosolomadera a Vigo este pasado domingo para medirse no seu derradeiro encontro da fase de clasificación ao Seis do Nadal Coia “A”. Comezaba o partido con clara superioridade dos nosos, sen embargo a pouca velocidade de balón e a falta de axudas defensivas non nos permitían despegarnos no marcador. Conseguíamos rematar de dar un paso ao frente e imprimirlle un maior ritmo ao encontro, chegando balóns gañados con moito espazo aos nosos extremos. A nivel defensivo seguíamos a sufrir en situacións de 1x1 contra o seu lateral dereito, pero conseguíamos frenalas súas internadas coas axudas que agora sí estaban a aparecer.

Comezaba a segunda parte con moita máis claridade en ataque por parte dos nosos rapaces, pero a mala temporización das axudas defensivas permitían moitos lanzamentos sinxelos do extremo dereito vigués, que nos anotaba constantemente e mantiña a distancia acadada no marcador. Xa nos derradeiros minutos darían os nosos un último empuxón para rompelo encontro e establecer o 23-40 final.

Seis do Nadal Coia “A”: 23 (8+15) Santiago, André, Iago, Gonzalo, Roi, Hugo, Mario, Lucas, Iago, André, Hugo, Mario, Roque, Iago, Guillermo.

Bm Culleredo Nosolomadera: 40 (19+21) Mauro, Iván, Alexis, Antón, Alejandro, Jacobo, Teo, Sebastián, Javier, Isaac, Martín.

Árbitros: David Gonzálex e Anxo Guimerás, sen problemas durante todo o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 2ª xornada da fase de clasificación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *