Saltar ao contido

O Óptica Gallaecia trae 2 puntos de Santiago

Tocáballes aos infantís do Bm Culleredo Óptica Gallaecia desprazarse a Santiago na mañá do sábado para afrontar a 2ª xornada desta pretempada de Prata.

A pesares de ir sin porteiro, comezaban os nosos con un moi bo nivel defensivo, non permitindo lanzamentos sinxelos aos rivais e levándoos a zonas pouco efectivas, facilitando o traballo dos nosos porteiros nesa ocasión. A presión dos nosos rapaces daba o seu froito, conseguindo xerar moitas perdas de balón e subidas rápidas pola nosa parte, que ao comezo nos costaba finalizar. No ataque estático estaríamos algo espesos nun comezo, pero co paso dos minutos correxiríamos erros e comezábamos a imprimirlle máis velocidade ao balón. O traballo a partir do pase e vai e a continuidade do balón, permitíannos chegar a situacións sinxelas de gol e chegar ao descanso 14 arriba no marcador.

Tralo paso polos vestiarios veríamos a un Óptica Gallaecia máis confiado e menos intenso, que comezaba a perder balóns en ataque, dando oportunidade á reacción dos locais que non desaproveitaban a oportunidade. Chegaba entón a reacción dos nosos, que recuperaban a intensidade en defensa e volvían a marcalo ritmo do partido.

Bm Culleredo Óptica Gallaecia: 31 (19+12) Mauro, Hugo, Pablo Hermida, Pablo Fraguela, Pablo Penelas, Jacobo, Anxo, Aarón.

Ribadosar: 11 (5+6) Rodrigo, Mauro, Nuno, Nicolás, Bertalán, Mencía, Damián, Asier, Fabián, Noa, Rodrigo, Juan, Jorge, Alexandre.

Árbitros: Christian García, moi correcto ao longo do encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 2ª xornada da pretempada de Prata.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *