Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO REMAX RIAZOR, CEDE EN LALÍN NUN PARTIDO DE ALTIBAIXOS

Segunda xornada no grupo B da fase de clasificación en categoría cadete masculino e primeira derrota do BM.Culleredo Remax Riazor ante un dos "cocos" da categoría, o Embutidos Lalinense.
O desprazamento a Lalín prevíase como un dos máis complexos este ano, xa que alí, o conxunto locatario, preséntase como unha xeración que parte entre os favoritos á zona alta da clasificación. Os mozos do BM.Culleredo Remax Riazor sabían da dificultade que conlevaba esta saída, pero tamén que o plantel cullerdense pode e debe de competir contra calquera conxunto desta liga, a condición de que sexa capaz de manter unha liña regular sen altibaixos. Neste caso, o problema co que se atoparon os rapaces do Remax, a parte do potencial dos dezáns, foi precisamente a irregularidade mostrada, alternando instantes aceptables con numerosos erros non forzados que potenciaban un pouco máis o xa de por se perigo que representaba o rival. Así pois, os primeiros minutos foron un intercambio de golpes coa suma de varias imprecisións ante a portería rival por parte de ambos os conxuntos e se comezaba mandando no electrónico o conxunto dezán, o BM.Culleredo Remax Riazor conseguía darlle a volta ao marcador para dominar por 6-8 no trece. Un 6-1 de parcial en apenas sete minutos, era a primeira mostra da perda de concentración por parte dos de Culleredo, cedendo terreo de novo a favor do Embutidos Lalinense para colocarse tres abaixo (12-9). Nun tramo final deste primeiro tempo de desconcerto e inoperancia, o BM.Culleredo Remax Riazor vía como o seu rival retirábase a vestiarios no tempo de descanso cun cómodo parcial de 16-11.
Nunha segunda parte moito máis igualada en canto aos parciais que indicaba o marcador (18-16 final), os locais non verían en perigo a vitoria final e é que os intentos de remontada por parte dos cullerdendes, seguían sen ser constantes, metidos nun vórtice de subidas e baixadas, coma se dunha montaña rusa tratásese. O rendemento defensivo mellorou algúns dos conceptos con respecto ao partido da fin de semana anterior, pero aínda dista moito de eficiencia que debe de mostrar ante conxuntos de máxima esixencia como o Embutidos Lalinense. A liña de traballo está clara e o grupo seguirá crecendo grazas ao bo facer demostrado en cada unha das sesións de adestramento. Agora queda referendar esa mellora a próxima fin de semana ante o Xestaservi BM.Cañiza e conseguir a segunda praza deste grupo B.

Embutidos Lalinense: 34 (16+18). Mateo López, Borja García, Luis Martínez, Iago Alexandre Cuíña, Manuel Souto, Roi Pol, Xoel Rodríguez, Sergio Sánchez, Martín Vázquez, Enzo Novoa, Manuel Eirín, Adrián Nogueira, Adan Ojea.

BM. Remax Riazor: 27 (11+16). Hugo Díaz (P), Hugo García (P), Jorge Outón, Hugo Rodríguez, Teo López, Xoán Canedo, Fabián Manzo, Xoán Bello, Jaime Serrano, Roi Fdez, Iago Allegue, Diego Piñeiro, Alex Tajes.

Parciais 5´: 4-2 / 6-5 / 8-8 / 12-9 /13-9 / 16-11 / DESCANSO / 19-12 / 22-15 / 25-19 / 27-20 / 29-24 / 34-27 / FINAL.

Colexiados: Catarina Adao e Martín Rodríguez.

Incidencias: Segundo encontro da categoría cadete masculino e da fase de Clasificación (Grupo B) e primeiro para o BM.Culleredo Remax Riazor a domicilio. Partido disputado no pavillón Lalín Arena con un centenar de siareiros de ambos os conxuntos nas bancadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *