Saltar ao contido

TARRÍO VÍSTESE DE GALA PARA A ESTREA DO SWEEPEND CULLEREDO NA 1.ª NACIONAL

O pasada Sábado, dábase o pistoletazo de saída á competición de 1.ª nacional e o pavillón de Tarrío era testemuña dun feito histórico dentro do Club Balonmán Culleredo, que non era outro que a estrea en categoría estatal do primeiro equipo senior. A repercusión de tal acontecemento atraeu ao municipal cullerdense a gran afluencia de público e as bancadas ofreceron a visual das grandes ocasións.
Xa no plano deportivo, non puido o Sweepend Culleredo referendar a tarde festiva cun triunfo dedicado á súa afección e é que ao maior nivel que promete a categoría, o conxunto que visitaba Tarrío nesta primeira xornada pasa por ser un dos cocos da mesma, nin máis nin menos que o histórico Teucro de Pontevedra. Os cullerdenses comezaron o encontro coas ilusións e o ímpeto que demandan os novos proxectos e foi capaz de tutear aos pontevedreses, incluso dominando o marcador nos primeiros instantes. Co paso dos minutos, o Lirón Teucro comezaba a mostrar o seu poderío nos seis metros e a asociación entre a primeira liña e o pivote mostrábase imparable para a retagarda cullerdense. A pesar do dominio foraneo, o Sweepend Culleredo negábase a claudicar prematuramente e a insistencia mantiña aos locais na pelexa (10-13 minuto 20). Nos dez últimos minutos da primeira parte, os da cidade do Lerez conseguirían aumentar a diferenza e retirábanse a vestiarios coa máxima renda ata o momento (13-19). A diferenza entre ambos os conxuntos radicaba en dúas claras situacións en dúas fases do xogo diferentes:
A retagarda, sempre imprescindible no armazón dos de Culleredo, non estaba a ser capaz de frear o ataque do rival e no posicional, non existía disciplina táctica algunha para atacar con ideas concretas relacionadas co modelo de xogo, o 6:0 ou o 5:1 do Lirón Teucro. A distancia non era insalvable, pero o ataque e o rendemento defensivo deberían de cambiar radicalmente cara a un contexto colectivo.
As ilusións pola remontada permanecían intactas no segundo acto, pero un 2-7 de saída daba ao traste con esa posibilidade e o Sweepend Culleredo terminaba por renderse, seguramente antes de tempo, circunstancia que facilitaba o aumento da diferenza a favor dos teucristas e un final plácido para os seus intereses.
Para a semana, primeiro derbi da tempada no pavillón Vila de Noia de Carballo as 20:00h. Os de Culleredo enfróntanse a un rival ao que xa foron capaces de superar nos dous amigables de pretemporada e parten coa ilusión de estrear a marcadora de puntos nesta 1.ª nacional.

Sweepend Culleredo : 24 (13+11). Jorge López (P), Oscar Bello (P), Iván Sánchez, Martín Insua, Carlos Costa (1), Miguel Casal, Pedro Pereira (3), Daniel Salvador (2), Marco García (1), Adrián Díaz (7), Carlos Martín, Iago Ferreiro (2), Juan Salvador, Samuel Seijas (5), Nuno Loxo (3), Senén Garea.

Lirón Teucro: 37 (19+18). Francisco Javier Santana (P), Miguel Jiménez (P), Marko Dzokic (2), Xurxo Rivas (11), Miguel Monteagudo, Brais Cerviño, Andrés Pérez (4), Martín González (2), Caue Herrera (3), Sergio Blond (3), Rhuan Marchete (2), Caio Da Silva, Daniel Vicente (10), Sergio Cortizo, Martín Fdez.

Parciais cada 5´: 4-4 / 6-7 / 7-10 / 10-13 / 12-16 / 13-19 / Descanso / 14-22 / 15-26 / 17-28 / 19-30 / 21-33 / 24-37 / Final.

Colexiados: Julio Villanueva e Pablo Torreiro.

Incidencias: Partido correspondiente a primeira xornada no grupo A da 1ª nacional en categoría senior masculina. Encontro disputado no municipal de Tarrío ante cincocentos espectadores de ambos os conxuntos. Magnífico ambiente de balonmán coas bancadas cheas para asistir a estrea do BM.Culleredo nesta categoría.

Album De Fotos Do Partido:

https://photos.google.com/share/AF1QipNgTKLZgfc-xgd-BFQq7kP8cckC-loFXp1DBXhnmNbSHVOuNl8b5X_-YfQZ0tseig?key=WklsOFVvUXlCN0tORWFseVhDRGp5ZW1HTzhtcGRR

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *