Saltar ao contido

O XM Despreocupate.es vence de novo na competición de pretempada.

O sábado pasado, os xuvenís de liga prata recibían en Almeiras ao Bm Narón, na terceira xornada desta competición preparatoria para a liga prata; unha liguilla formada por 4 conxuntos, onde os cullerdenses leváronse os dous puntos en todos os encontros.

Saían os nosos ao 40x20 co único obxectivo de seguir mellorando as sensacións de partidos anteriores, e solventar eses erros que de algún xeito, lastráronnos en encontros anteriores.

A nosa sólida defensa 6:0 facíalle case imposible aos rivais facernos gol, chegando ao minuto 20' da primeira metade con tan só 2 tantos encaixados. Esa solvencia na faceta defensiva, permitíannos correr e aproveitar o cambio ataque/defensa do rival, conseguindo asi sendos tantos que subían ao electrónico con moita facilidade. Así chegamos ao descanso 18-7 a favor dos cullerdenses.

Na segunda metade o culle mantivo a intensidade, o que fixo que o rival non fora quen de acercarse no marcador, sempre mantendo unha diferenza de 8-9 tantos.

Seguimos na liña ascendente e amosando todo o que levamos traballado dende o un de agosto. Seguimos rapaces!!!!!!!

1, 2, 3, CULLE!!!!!!!!

Bm Culle Despreocupate.es 34-23 Bm Narón

Culleredo: Ruben Gantes, Adrián López, Bruno Pardo, Mario Sánchez, Matías Teixeiro, Jairo Míguez, Xoel Insua, Juanfran Pazos, Anxo Negreira, Álvaro Siso, Antón Pérez, Nico Díaz, Lucas López, Mateo Pérez, Nico Arias, Diego del Río, Iago Vázquez.

Narón: Izan Clemente, Alejandro Paz, Jorge David, Mario Casal, Manel Franco, Oscar Rguez, Pablo Lage, Lucas Freire, Mateo Sabio, Daniel Lamas, Ignacio Lafuente, Jorge Catalán.

PARCIÁIS:

3-0/ 7-1/ 12-2/ 15-2/ 17-5/ 18-7/ desc./ 19-10/ 22-14/ 26-17/ 30-18/ 32-21/ 34-23/ final.

ARBITRAXE:

Paula Peteiro, André Pena

INCIDENCIAS:

Terceira xornada da fase preparatoria de liga prata desputada no municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *