
Recibía este sábado o CM Galaico Caravaning aos santiagueses do Bm Ribadosar, no partido de volta desta competición preparatoria para o comezo de liga prata, no municipal de Almeiras.
Os nosos tiñan coma obxectivo mellorar os números da pasada fin de semana, reducir o número de perdas de balón e mellorar a nivel defensivo. Os santiagues chegaban ao pavillón cullerdense con sede de victoria e con gañas de darlle a volta a situación do envite pasado, polo que o partido a priori xa amosaba intensidade e dureza.
Os nosos planteaban unha defensa 5.1 moi presionante, o que nos permitía recuperar balón de forma clara, aínda así, nos contactos de 1x1 non estiveron ben, a falta de contundencia da nosa retagarda ante xogadores de maior envergadura, provocaba brechas na nosa retagarda que eran ben aproveitadas polos composteláns.
O culle mantivo todo o encontro a diferenza no electrónico, pero non coma o partido anterior, os santiagueses chegaron a poñerse tan só a 2 tantos dos nosos na primeira parte. No segundo tempo os de Culle saían coa convicción de rematar este encontro con boas sensacións e cos deberes feitos, polo que a intensidade foi en aumento. A mellora a nivel defensivo fixo que puidésemos correr de cara á portería rival e así facer efectiva a diferenza final de dez tantos.
Seguimos mellorando rapaces!!!!!! imosssss!!!
FORZA CULLE
Bm Culleredo Galaico Caravaning 33-23 Bm Ribadosar
BmCulleredo: Hugo García, Jorge Amor, Hugo Bregua, Alex Tajes, Adri Aneiros, Jairo Candamio, Victor Laya, Pablo Ares, Hugo Bermúdez, Mateo Negreira, Diego Rodríguez.
BmRibadosar: Airas Xunca, Alejandro Hermida, Alejandro Sarrapio, Brais Ledo, Gabriel Torea, Jacobo Sobrado, MArco Castrodeza, Mateo Mosquera, Brais Vilariño, Damián Álvarez, Zoltan Endre
ARBITRAXE:
André Pena e Azucena.
PARCIAIS CADA 5':
3-0/ 7-3/ 9-6/ 11-7/ 11-7/ 14-11/ desc./ 18-22/ 20-14/ 24-16/ 27-19/ 29-22/ 33-23/ final.
INCIDENCIAS:
Partido preparatorio de pretempada desputado no municipal de Almeiras cun gran número de siareiros cullerdenses.