Saltar ao contido

Partido moi igualado do Fisioterapia Benestar que se salda cunha derrota

Na segunda xornada da Fase de Ascenso a Liga Ouro, o equipo do Bm Culleredo Fisioterapia Benestar xogaba na casa fronte ó Asmubal Meaño.

As rapazas do Fisioterapia Benestar quedaron sen puntuar, nun partido condicionado polos erros da segunda parte.

Iniciaba o encontro cunha defensa 6:0 que durou poucos minutos, xa que os continuos lanzamentos exteriores das rivais deron paso a unha 5:1, onde se pasou a presionar e con axuda das boas basculacións lograban conseguir unha solidez defensiva, acompañada por boas intervencións da porteira. 

Na fase ofensiva as rapazas locais iniciaron con moita velocidade de balón e con ganas de probar porteria e conseguir subir goles ao marcador. A defensa das rivais froxeaba nas axudas laterais e nas zonas de extremo, erros que tentaron aproveitar as rapazas do Fisioterapia Benestar, aínda que dende un principio a porteira do Asmubal Meaño tiña claro que non o ía poñer fácil.

Tras unha primeira parte na que ambos equipos estiveron por diante no marcador e a diferenza de goles entre eles nunca foi superior a tres, chegou unha segunda parte na que a presión afectou ao encontro.   

A nivel ofensivo o Fisioterapia Benestar iniciou floxo e as rivais non dudaron en presionar, dominando outra vez o marcador. A pesares disto o Culleredo non ía darse por vencido e conseguía interceptar balóns e tratar de iniciar un xogo rápido. 

Nos últimos quince minutos de partido os erros defensivos pasáronlle factura ao equipo local que ampliaba a distancia no marcador a cinco goles do Asmubal Meaño, facendo practicamente imposible o empate ou victoria. Aínda así pasaron a presionar cunha defensa individual os últimos dous minutos conseguindo poñer nun apuro as rivais e recortando a distancia a tres goles. 

Ao longo do encontro puidemos ver como o Fisioterapia Benestar  dominou por momentos o partido, mellorando fallos do partido anterior e facendo unha moi boa primeira parte. O próximo fin de semana tocaralles xogar como visitante ante o Cangas.

Forza Culle!!

RESULTADO FINAL 27-30

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR: Lucía Inés Cortegoso, Carmela Erias, Lúa Fernández, Antía Ferreño, Sara Fraga, Aroa García, Luana Goméz, Valentina Martínez, Nadia Martínez, Carla Muíño, Paula Peteiro, Aldara Piñeiro, Irene Rodríguez, Adriana Vázquez.  

ASMUBAL MEAÑO: Maria Beis, Paloma González, Alba Domínguez, Ainoa Álvarez, Soraya García, Zoe Feijoo, Claudia Vera, Raquel Muñiz, Olalla Telmo, Noa Rodríguez.

PARCIALES CADA 5`: 1-3/ 3-4/ 6-6/ 7-9/ 12-12/ 12-12 // 15 -16/ 16-19/19-21/24-26/24-27/27-30.

ÁRBITROS: Pablo Torreiro, Jose Miguel Martínez.

INCIDENCIAS: Segunda xornada da Fase de Ascenso a Liga Ouro, disputada no Pabellón Municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *