Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Xornada especial para o noso clube, xa que nesta xornada cumpliremos un obxetivo que polo que levamos anos a loitar, que en Culleredo haxa balonmán de 1ª Nacional! Ademáis do debut dos nosos en 1ª Nacional, teremos numerosos encontros de base nesta primeira fase da tempada na que afrontamos encontros duros e importantes para prepararnos de cara aos primeiros momentos importantes e decisivos que se veñen nesta tempada 23/34.

(IF) BM BRIGANTIUM NUNEGAL VS BM CULLEREDO CRISTALERÍA GESTAL

Chegan as nosas infantís do Bm Culleredo Cristalería Gestal moi motivadas para afrontalo segundo encontro desta fase preparatoria fronte a un rival que nos plantexará un partido complicado. Deberán as nosas ser capaces de trasladar á pista todo o traballado neste mes de agosto para poder competilo partido e levarse os 2 puntos.

(IF) BM CULLEREDO SUTENOR VS SAR RODAVIGO

As infantís cullerdenses teñen a oportunidade de poder conseguir o primeiro posto desta fase de clasificación se conseguen a vitoria en Almeiras fronte a un equipo con moita tradición no balonmán feminino como é a SAR de Redondela. Os dous equipos cunha vitoria cada un buscarán os 2 puntos que certificarían o primeiro posto.

(IM) BM RIBADOSAR VS BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA

Na mañá deste sábado afrontará o Bm Culleredo Óptica Gallaecia o seu primeiro desprazamento da tempada para enfrontarse ao sempre duro Ribadosar. Prevese un partido duro, no que os nosos deberán estar concentrados para poder competilo encontro e tela posibilidade de acadala vitoria.

(IM) REPRINT ARTEIXO BM VS BM CULLEREDO CLIMANOSA

Derbi coruñés entre o Bm Culleredo Climanosa e o Reprint Arteixo Bm, os nosos rapaces visitan a pista arteixán para demostrar a súa melloría no xogo despois do traballado na semana. O equipo cullerdense quere ir paso a paso e encontrar a súa mellor versión.

(IM) SEIS DO NADAL COIA “A” VS BM CULLEREDO NOSOLOMADERA

O Nosolomadera viaxa a Vigo para poder certificar o pase como cabeza de serie ó Play Off de ascenso, pero para iso ten que conseguir a vitoria fronte a un rival compricado como é o Seis do Nadal, que se estrea nesta competición.

Será un partido moi intenso, onde só hai un obxetivo en xogo que é conseguir a vitoria para poder conseguir esa praza como cabeza de serie.

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS ASMUBAL MEAÑO

Segunda xornada para as cullerdenses na fase de ascenso a Liga Ouro o domingo 17 as 12:30 no Pavillón Municipal de Almeiras.

Logo dun gran encontro a semana pasada, as rapazas do Fisioterapia Benestar loitarán por acadar dous puntos fronte ó Meaño.

(CM) BM CULLEREDO GALAICO CARAVANNING VS BM RIBADOSAR

Este sábado ás 10.30, os cadetes de liga prata reciben a visita dos xa coñecidos Bm Ribadosar. Os santiagueses devólvennos a visita da pasada fin de semana, onde os cullerdense leváronse o encontro con solvencia.

Será un envite de intensidade, onde os nosos deberán saír o 40x20 co obxectivo de mellorar os erros do encontro anterior e seguir na liña ascendente na que se encontran.

(CM) EMBUTIDOS LALINENSE VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR

O BM.Culleredo Remax Riazor, desprázase a Lalín para enfrontarse a un dos equipos máis fortes da categoría cadete, o Embutidos Lalinense. O encontro disputarase ás 10:30h do Domingo no impoñente Lalín Arena, dentro da segunda xornada da fase de clasificación. Os de Culleredo buscarán sacar un resultado positivo que lles de grandes posibilidades na táboa e para iso terán que reducir os erros non forzados e as precipitacións na toma de decisións. A defensa deberá de superarse e raiar a un nivel sobresainte ante un dos ataques máis potentes da categoría.

(XM) BM CULLEREDO DESPREOCUPATE.ES VS LA SALMANTINA BALONMÁN NARÓN

Novo test de preparación para a liga para os cullerdenses xuvenís de liga prata, que se medirán este sábado ás 12.30 en Almeiras ante o BM Narón.

Os nosos encóntranse nunca dinámica positiva polo que o partido amosa interese e intensidade.

(SM) SWEEPEND CULLEREDO VS LIRÓN S.D. TEUCRO

Chegou o día e por fin, esta próxima fin de semana, o BM.Culleredo terá unha cita coa historia no que será a súa estrea na 1.ª nacional de balonmán. O encontro dará comezo ás 18:00h do Sábado no municipal de Tarrío e enfronte, un dos mellores rivais que se podería ter en tal contexto, a histórica S.D. Teucro de Pontevedra.

A pesar das múltiples baixas que afectan ao primeiro cadro de persoal do BM.Culleredo, algunhas, por desgraza de longa duración, o equipo está entusiasmado pola súa estrea en competición nacional e coa ambición de facer máis grande ese día cun resultado positivo. O potencial do rival precédelle como un dos cadros de persoal máis potentes da categoría, pero aínda así, o nivel competitivo dos cullerdenses na tempada alimenta as ilusións para dar unha gran sorpresa á parroquia local. A tarefa será certamente complexa e o conxunto de Culleredo deberá de cimentar as súas posibilidades nunha retagarda activa e contundente, onde a solidariedade nas axudas será clave para o posible éxito. Un ritmo alto de partido antóllase positivo para os intereses rojillos, do mesmo xeito que reducir de maneira notable os erros non forzados e as perdas de balón. No posicional, os ataques longos e a paciencia para atopar as mellores solucións, conformarán un plan de partido que se verá completo cun repregamento defensivo organizado e eficaz.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *