
Primeiro partido oficial do ano na fase previa da clasificación de cara o Play Off de ascenso onde o Nosolomadera conseguiu os dous puntos fronte o Rasoeiro de o Grove.
O Nosolomadera imprimiu dende o inicio un gran ritmo de xogo a todos os niveles, sobretodo unha gran intensidade a nivel defensivo , isto foi parte da clave para o comezo do encontro , a partir de ese nivel defensivo se conseguian transicións rápidas en ataque para poder finalizar rápidamente.
O Nosolomadera conseguía ampliar demasiado a súa ventaxa no marcador onde o Rasoeiro non podía seguir o ritmo e a velocidade dos cullerdenses.Xa no descanso a diferencia era bastante abrupta 29-6.
Na segunda metade o Nosolomadera aproveitou esa ventaxa no marcador para ir mellorando o seu xogo colectivo ofensivo para poder automatizar certos patróns de xogo para as seguintes citas oficias.
Destacar a intensidade , o compromiso e o respeto do Nosolomadera no partido xa que sempre estiveron concentrados nas súas tarefas para poder ir mellorando pouco a pouco .
Victoria nesta primeira xornada onde agora toca viaxar a Vigo para enfrontarse o 6 do Nadal, onde prometese ver un bó partido de balonmán , onde o Nosolomadera pode certificar a primeira posición do grupo para ser cabeza de serie no Play Off de ascenso., para iso toca traballar duro toda esta semana .
Forza Culle.
RESULTADO FINAL : BM CULLEREDO NOSOLOMADERA 57 -SOMEGA RASOEIRO BM 11
BM CULLEREDO NOSOLOMADERA: Mateo Basanta, Sebastián Ponte, Javier Orge, Alexis Martinez, Iván Gantes, Isaac Lorenzo, Teo Gómez, Martín Casal, Antón Rodriguez, Alejandro Soto
SOMEGA RASOEIRO BM: Roi Rey, Bieito Castro, Jose Carlos Canea, Omar Assane, Breogám Torres, Iván Bea, Martiña Bea, Martin Vidal, Pau Codina, Xurxo Conde, Antonio Dominguez.
PARCIALES CADA 5`:5-1/12-2/18-3/23-5/29-6/34-7/39-9/43-10/48-11/57-11.
ÁRBITROS: Paula Peteiro y Martina Regueiro
INCIDENCIAS: Primeira xornada da Fase Previa de Clasificación disputado no pabellón municipal de Almeiras en Culleredo , con 40 espectadores aproximadamente.