
Primeiro partido do Culleredo Climanosa onde se enfrontaba no primeiro partido amistoso oficial do ano ante o Garaysa Xiria B de Carballo onde o equipo visitante sería moi superior aos rapaces cullerdenses.
Inciaba o encontro cun Climanosa na fase defensiva correcto ben posicionado pero superado pola velocidade do equipo carballés, a reactividade do equipo rival estaba a superar a defensa do Climanosa.
Na fase ofensiva nos primeiros compases o equipo cullerdense tivo moitas pérdidas de balón, isto marcou unha tendencia en todo o encontro xa que tras a pérdida de balón o equipo visitante o aproveitaba para subir rápidamente o balón e provocar boas situacións de gol . O Climanosa nesta fase ofensiva si estaba a xogar disciplinadamente , con pase e vai , transformacións de extremos, pero faltaba reducir as pérdidas de balón , isto provocaba unha gran diferencia no marcador o descanso 8-25 o descanso.
Na segunda metade o equipo mellorou respecto as pérdidas de balón , ainda asi este factor seguia a ser determinante no xogo ofensivo do Climanosa.
Pero si que houbo un cambio moi grande respecto ao nivel defensivo xa que se conseguía provocar dudas ao equipo carballés e provocar lanzamentos en zona pouco eficaces para poder deter o balón .
Isto acaba de comezar e queda moito por diante, esta semana toca traballar moi duro para que na próxima xornada fronte Arteixo o Climanosa poda facer un bó papel e poder ir pouco a pouco alcanzar os obxetivos que fará mellorar a estes rapaces que. mantiveron a intensidade e a cabeza ben alta en todo o encontro .
Forza Culle.
RESULTADO FINAL : BM CULLEREDO CLIMANOSA18-GARAYSA XIRIA B 37
BM CULLEREDO CLIMANOSA: Xurxo Méndez, Iago Bolaños, Antón Méndez, Hugo Jimenez, Jacobo Soto, Guillermo Blanco, Jaime Vázquez, NIcolas Abad, Roi Palmeiro.Samuel Costa.
GARAYSA XIRIA B:Oscar Longueira, Tomás Añon, Jorge Nielsen, Sergio Pérez, Hector Dubra,Roi Pérez, Sergio Fernández, Manuel Pombo, Gael Romero.
PARCIALES CADA 5`: 1-5/2-9/4-16/5-20/8-25/10-28/12-32/15-35/18-37.
ÁRBITROS: Iago Allegue y Paula Peteiro
INCIDENCIAS: Primeiro partido amisotos na pretempada de prata disputado no pavillón municipal de Almeiras en Culleredo .