Saltar ao contido

O XM Despreocúpate.es pasa o test con nota en Abegondo.

Na mañá do domingo, os xuvenís de liga prata despreocupate.es desprazábanse ao municipio veciño de Abegondo, a desputar otra xornada amigable de preparación ante o Abegondo-Atántico.

O culle saía con gañas de xogar e amosar o grupo que son. Unha solida defensa 6.0, profunda e con boas axudas, poñía en apretos ao ataque dos de Abegondo, e con rápidas transicións coseguíamos un parcial de 5-0 nos primeiros 5 minutos do envite.

Malia que se cometeron os erros típicos de pretempada, a intensidade e actitude foi de dez todo o encontro, e iso permitíu que o rival non conseguise achegarse ao electrónico en ningun minuto do encontro, mantendo unha renta mínima de 6 tantos por enriba.

Os cullerdenses sentíronse cómodos e dominantes en todas as facetas do xogo, chegando así ao final do encontro cunha renda de once tantos e moi boas sensacións. Examen máis que superado, agora a manter esta liña de traballo e actitude. Imos!!!

Forza Culle!

Bm Abegondo Atlántico 25-36 BalonmánCulleredo Despreocúpate.es

BmCulleredo: Matías, Antón, Mateo Pérez, Anxo, Jairo, Lucas López, Rubén (p), Diego del Río, Juanfran, Xoel, Nico Díaz, Bruno, Mario, Alvarito

Bm AbegondoAtlántico: Adrián Insua, Gonzalo García, Lucas Faraldo, Mateo Martínez, Pablo Castiñeira, Diego Abades, Iván Alfonso, Yago Blanco, Daniel Gómez, Enrique Núñez, Tomás de la Fuente, Hugo Montero, Martín Vinagre, Miguel Ángel Fdez Ares.

Arbitraxe:

André Pena.

Incidencias:

Xornada amigable de preparación para a competición de liga, desputada no municipal de San Marcos, Abegondo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *