Saltar ao contido

ESTREO DO BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR NA TEMPADA 23-24

Na primeira xornada da Fase de Ascenso a Liga Ouro, o equipo do Balonmán Culleredo Fisioterapia Benestar xogaba na casa fronte ó Bm Porriño.

As rapazas do Fisioterapia Benestar, quedaron sen puntuar en Almeiras e viron cómo se esvaecian dous puntos nun partido condicionado pola segunda parte.

Estaba a ser un encontro asequible para o Culleredo, no que apuntaba á posibilidade dunha victoria.

Os primeiros compases do encontro moi axustados , cunha defensa 6:0 por parte do equipo local para non correr riscos e o equipo visitane cun 5:1 para facelo seu xogo característico de sair as contras.

Unha segunda parte na que o equipo local foi a remolque todo o tempo. Non se atopaba cómodo o equipo cullerdense ante un Porriño o que lle bastou unha mellor organización. Reorganizouse tralo descanso para aclaralas ideas e saíu á segunda parte disposto a levarse os dous puntos tendo ocasións suficientes para elo (fixo un parcial de 5-0).

O Culleredo pagou caro esa desvantaxa do inicio da segunda parte pero a pesar diso loitou porque a ventaxa non fora a máis sabendo o que se estaba a xogar, dando a cara.

A parte final do encontro intentouse acortar a distancia no marcador por parte das cullerdenses, pero chegou tarde e tamén a falta de acerto de cara a portería.

Unha asignatura pendente serán os lanzamentos de 7m para as rapazas do equipo local que estiveron bastante desatinadas.

Pode ser unha Fase igualada onde os equipos que non entran nas quinielas poden colarse no ascenso.

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 19 (10+9): Carla Muiño Cancela, Aroa Garcia Pena, Aldara Piñeiro Calvete, Adriana Vazquez Rivas , Paula Peteiro Vazquez, Lua Fernandez Nuñez, Luana Gomez Fuentes, Antia Ferreño Fernandez, Valentina Martinez Fiuza , Carmela Erias Vazquez , Irene Rodriguez Fernandez, Sara Fraga Fraga ,Nadia Martinez Garcia 1

BM PORRIÑO “A” 23 (10+13): Aroha Fernandez Penedo ,Ainhoa Dominguez Salgueiro, Adriana Barreiro Garcia , Ana Bosque Gonzalez, Carla Martinez Abalde, Aldara Martinez Avendaño , Iria Cuerdo Celada,  Uxia Martinez Cabral , Gala Dacosta Sanchez, Maria Del Carmen Alonso Rolon , Paola Rivero Giraldez , Daniela Monteagudo Boente , Candela Lago Leiros

Parciais cada 5 min: 2-1/4-5/7-6/7-8/9-8/10-10 descanso 10-15/12-18/13-20/15-21/17-21/19-23

Colexiados:. Iago Allegue e Victor Perez excluiron a Carmela Erias dous minutos polo equipo local e a Ainhoa Dominguez, Aldara Martinez polo equipo visitante e catro minutos a Uxia Martinez tamen polo equipo visitante

Incidencias: Partido pertencente a 1ª xornada da fase de ascenso a Liga Ouro no Pavillón Municipal de Almeiras cunhas 70 persoas de asistencia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *