
O pasado sábado, o grupo cadete de liga prata "GalaicoCaravaning", desprazábase a Santiago a desputar unha nova xornada amistosa de preparación para a competición ligueira ante o Balonmán Ribadosar.
O partido comezaba de cara para os nosos, que cunha boa defensa 5.1, recuperaban a posesión e con transicións rápidas chegaban a portería rival, así despegábanse no electrónico con rendas de ata 5 goles nos primeiros instantes do encontro.
Os nosos, que sendo fieis a defensa 5.1, liderada no avanzado con Adri e Xoan Seoane, obstaculizábamos constantemente as ofensivas rivais, provocando sendos erros que nos axudarían a ir engrosando o marcador.
Así foi a tónica xeral nos sesenta minutos, onde destacou a intensidade dos cullerdenses que non baixou en ningún momento, malia que se cometeron los erros típicos do momento da tempada, que pouco a pouco iranse pulindo.
Proba máis que superada, seguimos!!!
Forza Culle!!
Bm Ribadosar 27-46 Bm Culleredo Galaico Caravaning
Culleredo: Mateo Negreira, Hugo García (p), Xoan Seoane, Jairo Candamio, Hugo Bermúdez, Jorge Amor (p), Pablo Ares, Adrián Aneiros, Victor Laya, Hugo Bregua.
Ribadosar: Jacobo Sobrado, Gabriel Torea, Martín Montes, Jose Brea, Alejandro Sarapio, Mateo Mosquera, Zoltan Endre, Marco Alejandro, Brais Vilariño, Martín Rodríguez.
Arbitraxe:
Christian García, Marta López.
Incidencias:
Partido amistoso de pretempada desputado no Pavillón Casares Quiroga en Santiago.