Saltar ao contido

Victoria do Sweedpend no debut na Fase de Clasificación

O Sweedpend estreábase esta tempada en Almeiras na fase de clasificación fronte a SAR de Redondela. Primeiro encontro oficíal da tempada onde o equipo culleredense conseguía os 2 puntos para poñerse líder na fase de clasificación.

Empezaba o encontro o equipo cullerdense cun bó ritmo defensivo conseguindo un 4-1 de parcíal nos primeiros 5 minutos . A nivel defensivo o Sweedpend saía cun sistema defensivo 6:0 provocando situacións en zonas pouco eficaces , a solidez defensiva nos primeiros compases daban unha pequena tranquilidade a fase ofensiva no que a Sar provocaba cun 5:1 profunda a mobilidade dos xogadores do Sweedpend. Un ataque cullerdense non moi fluído pero eficaz.

Xa no minutos 15 do encontro a diferencia era de 8 goles e o equipo local comenzou coas rotacións. Estas non pararon o ritmo e ia conseguíndose ampliar a ventaxa sobre todo grazas a unha defensa aínda mais axustada , e aínda que o equipo visitante lograba superar a defensa cullerdense , aparecía Marco na portería para pechar todas as opcións de gol para o equipo visitante.

No descanso o resultado do electrónico marcaba un 21-11 a prol do Sweedpend.

Na segunda metade o Sweedpend saíu moi relaxado sin intensidade e isto o pagou moi caro , as pérdidas en ataque e os contraataques do equipo visitante fixeron mella no marcador e provocaron un tempo morto a prol dos cullerdenses tras encaixar nos primeiros 5 minutos un parcial negativo de 2-5 . Co pasos dos minutos e pouco a pouco foise estructurando a defensa pero a nivel ofensivo seguiase sen ter velocidade e intensidade para poder superar con creces a defensa do equipo de Redondela.

Unha vez gañada a solidez defensiva cambiando o sistema a un 5:1 agresivo o Sweedpend empezou a subir o ritmo de xogo que lle daba pé a poñerse de novo cunha amplia vantaxe no electrónico . Sendo a clave a intensidade en concentración na fase defensiva para poder sair o contrataque ou realizar transicións rápidas.

O final do encontro o equipo cullerdense lograba a victoria cun resultado olgado , onde se lograban os 2 puntos para poder lograr o liderato neste grupo de Fase de Clasificación de cara o próximo Play Off de ascenso a liga de Ouro .

RESULTADO FINAL : BM CULLEREDO SWEEPEND 38- SAR REDONDELA 23

BM CULLEREDO SWEEDPEND: Marco González, Hugo Díaz, Adrián Veira, Atalo Bello, Alejo Martinez, Nicolás Casal , Lucas Sánchez, Iván Sánchez, Aarón Blanco,Félix Noya, Jose Miguel Martinez, Marcos Regueiro, Samuel Seijas, David Martinez, Daniel González y Antón Pérez.

SAR RENDONDELA: Breogán Fajinas, Iago Carballo,Aarón Fernández, Pedro Ferreras, Adolfo Fernámdez,Guillermo Murillo , Román Lago ,Lucas Vidal,Guillermo Lago , Manuel Vilas, Brais Faginas

PARCIALES EN CADA 5 `: 4-2/6-3/11-4/16-5/18-9/21-11/23-16/25-17/28-19/31-20/35-21/38-23

ÁRBITROS: Uxía Mariño y André Pena.

INCIDENCIAS: Primeira xornada da fase de clasificación do grupo D , disputado no polideportivo municipal de Almeiras. 50 espectadores aproximandamente .

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *