Saltar ao contido

QUENTANDO MOTORES O BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR PARA A TEMPADA 23/24

Na tarde de onte, o Fisioterapia Benestar , xogaba un partido amigable fronte o Balonmán Brigantium, antes do seu estreo a próxima fin de semana na competición deste ano.

Ámbolos dous equipos viánse as caras no Pavillón Municipal de Almeiras en Culleredo. Comezaban os seus primeiros minutos do encontro baixo a atenta mirada dunha multitude de xente que cubría tódalas gradas. Gran entrada para estos dous equipos que era a primeira vez que se atopaban.

O Culleredo, dominador no marcador de principio a fin, deixou a impresión de velas gradas cheas un xoves á tarde e plantexou varios modelos de xogo adecuados ó ataque e á defensa que se pretía por en práctica.

Compre salientar co Fisioterapia Benestar, conta cunha plantilla de 18 xogadoras de 1º e 2º ano (ainda que hoxe non estaban todas presentes) e o equipo rival tamén veu cun grupo bastante numeroso. Esta tempada os equipos da competición van estar bastante nutridos, asi que vai a ser unha Liga moi competitiva, tanto a nivel Ouro como Prata ( ainda vaise disputala fase de ascenso a próxima fin de semana).

O encontro transcurreu con altos e baixos. Provouse a defensa 6:0 pero vese que ainda estanse adecuando a este tipo de defensa pechada. De ahí co Brigantium atopase oco na vasculación cullerdense e fora sumando puntos no seu casilleiro.

Rematando a primeira parte cunha boa ventaxa para o equipo locatorio e coa posesión de balón para comezala segunda parte, o Culleredo, baixou o ritmo de xogo coincidindo co acerto do Brigantium de cara a portería.

Gran participación de todalas xogadoras que aportaron o seu grao de area tanto defensiva coma ofensivamente.

Ainda quédanlle moitas cousas por correxir e aprender ás cullerdenses, que mañá venres continúan cos seus adestramentos.

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 30 (15+15): Irene Rodriguez, Carmela Erias, Antia Ferreño, Paula Peteiro, Lucia Ines Cortegoso, Aroa Garcia,Carla Muiño, Nadia Martinez, Adriana Vazquez, Luana Gomez, Lúa Fernandez, Sara Fraga

BM BRIGANTIUM 18 (9+9): Silvia Martinez, Antia Cardenas, Uxia Seoane, Sara Castro, Alejandra Gallego, Daniela Perez, Maria Rosalia Astray, Daniela Hermo, Laura Sobrino, Martina Cousido

Parciais cada 5 min: 4-2/7-3/9-5/11-6/15-7/15-9 descanso 18-11/20-12/25-13/26-14/27-15/30-16

Colexiados:. Iago Allegue e Xoan Bello

Incidencias: Partido amigable de pretempada no Pavillón Municipal de Almeiras coas as gradas ateigadas de afeccioados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *