Saltar ao contido

O SWEEPEND CULLEREDO, CONTINUA A SÚA PREPARACIÓN CON EXCELENTES SENSACIÓNS

ENLACE SEMIFINAL: AUTOCENTER PRINCIPADO VS SWEEPEND CULLEREDO:

ENLACE 3er Y 4º PUESTO: SWEEPEND CULLEREDO VS CALVO XIRIA:

Esta pasada fin de semana, o Sweepend Culleredo, flamante novo integrante da primeira nacional, disputaba o seu segundo e terceiro partido desta pretemporada, buscando chegar nas mellores condicións ao primeiro encontro de liga ante a S.D.Teucro aló por mediados do mes de Setembro. Se no primeiro encontro, celebrado no municipal de Tarrío o Sábado 19/08/23, os cullerdenses impoñíanse ao Calvo Xiria de Carballo pola mínimo (25-24), nesta ocasión, o equipo respondería en terras asturianas con boa nota no XII Torneo Solidario Nacional, organizado polo clube local, o Balonmano Vetusta de Oviedo. O Sweepend Culleredo, enfrontaríase o Sábado na primeira semifinal aos asturianos, finalizando o encontro en táboas (30-30) e outorgando o pase á final do Domingo ao equipo carbayón a lotería dos 7m. No terceiro e cuarto posto, o conxunto cullerdense volvería impoñerse ao Calvo Xiria (que saíra derrotado o día anterior ante os cántabros do BM.Pereda), unha vez máis nun igualado partido que terminaría con vitoria por 32-30 para os rojillos. Fóra de resultados, o máis importante é que o equipo vai asimilando, co paso das semanas, os conceptos e as ideas para a dura tempada que se aveciña e o máis importante, é que está a ser competitivo, intenso e cunha actitude sobresaliente. Un equipo novo, con Senén e Nuno saídos de xuvenís fai un par de meses, con Samuel, realizando un excelente papel cos maiores na que aínda será a súa primeira tempada xuvenil, con Martín, Adrián, Marco, Jorge, Óscar…….novos valores da canteira do BM.Culleredo que, unidos á experiencia dos Iago, Marcos, Cristian, Casal, Mario, Carlos, Alex…..conforman un coctel ilusionante neste proxecto de futuro. Aínda queda moito que cohesionar e ensamblar, pero o camiño percorrido, no cual o equipo está a responder con bo talante de fronte ao traballo diario, é para estar contentos e satisfeitos. Tan só lamentar a lesión de xeonllo de Alex Gómez no primeiro partido e esperar a que as probas médicas confirmen que tan só foi un susto.
Neste desprazamento a Asturias, os xogadores convocados foron:

Porteiros: Oscar Bello y Jorge López.

Extremos: Senén Garea, Miguel Casal y Carlos Costa.

Pivotes: Adrián Díaz, Darío Perez y Carlos Martín.

1ª Línea: Marco García, Alex Gómez, Nuno Loxo, Iago Ferreiro, Martín Insua, Samuel Seijas (Juvenil).

Semifinal Autocenter Principado vs Sweepend Culleredo: 30-30 (14-13). Oscar Bello (p), Jorge López (P), Martín Insua (1), Carlos Costa, Miguel Casal (4), Carlos Martín (1), Alejandro Gómez (3), Iago Ferreiro (6), Samuel Seijas (7), Marco García (2), Nuno Loxo (1), Darío Pérez (2), Adrián Díaz (1), Senén Garea (2).

3er y 4º puesto. Sweepend Culleredo vs Calvo Xiria: 32-30 (13-14). Oscar Bello (p), Jorge López (P), Martín Insua (5), Carlos Costa (2), Miguel Casal, Carlos Martín (3), Alejandro Gómez, Iago Ferreiro (6), Samuel Seijas (1), Marco García (4), Nuno Loxo (5), Darío Pérez, Adrián Díaz (3), Senén Garea (3).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *