
Na mañá do sábado desprazábanse parte dos nosos cadetes e dos nosos infantís a Novo Mesoiro para desputar un triangular amistoso xunto ao OAR e ao clube organizador, Línea 21.
Os infantís terían dous partidos moi diferentes, un primeiro partido no que os cullerdenses foron moi superiores sobre todo de cara á portería rival, donde os erros eran mínimos. Sen embargo a nivel defensivo físoxe notar que estamos comezando a tempada, con varios erros e despistes que lle concedían aos coruñeses oportunidades de anotar. Co paso dos minutos correxirían os nosos esos erros e conseguían roubar numerosos balóns coa presión da nosa defensa 3:3. Pechábase o encontro cun marcador de 45-5 favorable aos cullerdenses.
Sería moi diferente o segundo encontro, cun equipo en fronte máis estructurado e con ideas claras. Comezaban os nosos algo espesos, errando claros lanzamentos de cara á portería rival e sen ofrecer axudas defensivas aos compañeiros. Permítialle esta situación irse ata 4 goles arriba de forma momentánea ao Línea 21, sen embargo reacciorarían os nosos, moito máis solidarios en defensa e xogando de forma máis sinxela, colectiva e clara na faceta ofensiva. O traballo ben feito remataría por dalos seus frutos e conseguían os nosos gañalo encontro 17-23.
Oar 21-20 Culleredo Galaico Caravanning
Este sábado, os veciños de novo Mesoiro, o clube Línea 21, invitaba ao noso grupo cadete de liga prata, o Galaico Caravaning para desputar un torneo triangular entre ambos conxuntos mailo OAR Coruña.
No primeiro encontro, os nosos enfrontábanse ao OAR, nun envite moi igualado, sempre con alternancias no marcador de un e dous goles para ambos bandos, e con presentes erros típicos do momento da tempada na que estamos. O noso ataque non era fluído, propiciando números erros de pase e lanzamento. Malia iso, o esquema defensivo 5.1 funciono ben, marcando a liña de traballo de este mes.
O segundo encontro foi ante os anfitrións, o liña21, a tónica foi similar a do encontro superior. Nesta ocasión o culle dominou no marcador todo encontro, aínda que os coruñeses non deixaron de tentalo ata o final. Dúas boas accións defensivas ao final permitíannos recuperar balón e encaixarlles o definitivo parcial de 2-0 para poñer unha diferenza final no electrónico de 4 goles.
Primeira toma de contacto na competición deste grupo de rapaces que de seguro vannos dar moitas alegrías.
Destacar a aportación dos porteiros infantís, Mateo Basanta e Sebas, que debutan na categoría cadete.