Saltar ao contido

O REMAX RIAZOR CAMPIÓN DA COPA GALICIA

O Balonmán Culleredo Remax Riazor proclamóuse campion da Copa Galicia esta fin de semana en Cangas do Morrazo fronte o equipo carballés Xiria Varela Hierros Urbieta.

O encontro disputado en Cangas no polideportivo do Gatañal comenzaba cun equipo carballés moi solido , sobretodo con gran acerto no lanzamento exterior mediante os seus artilleiros Marcos Varela e Nicolás Cancela.O Remax Riazor non estaba cómodo na fase defensiva e pese a estructurarse nun 5:1 o equipo non tiña profundidade defensiva para obstaculizar os lanzadores carballeses. Na fase ofensiva tampouco estaba atinado o equipo cullerdense que despois dos primeiros 5 minutos o marcador reflexaba un 1-5 e con malas sensacións no partido para o equipo local neste caso o Remax Riazor.

Despois de que o Xiria chegara a unha diferencia de +6 o Remax Riazor pouco a pouco foi entrnado no partido sempre dende una mellora na solidez defensiva na zona central e en ataque se conseguía obter acciones positivas que cando se chagaba o minuto 20 da primeira parte o Xiria veia recucida a sua ventaxa a 2 goles.

A primeira parte finalizaba con dous goles arriba para o Xiria Hierros Varela Urbieta pero cun Remax Riazor que tiña unha dinámica ascendente no xogo.

17-19 no marcador ao finalizar a primeira parte, moitos goles, onde os ataques impoñianse as defensas.

Na segunda metade a dinámica que traia o Remax Riazor no último tramo da primeira metade continuouno e sobre todo deu un paso a diante nas facetas defensivas primeiro cun 6:0 sólido na zona central e despois cunha 5:1 presionante para poder interceptar algún balón , isto e as transicións rápidas e o xogo discilplinado na fase ofensiva o Remax Riazor conseguía poñerse por diante no marcador no minuto 10 da primeira parte . A ascendente dinámica do Culleredo e o desgaste físico do Xiria no encontro ia facendo mella no resultado . Os útimos 10 minutos do partido o Remax dominou e puido alzarse con titulo da Copa Galicia . Destacar o premio do MVP da f final da Copa Galicia para o cullerdense Hugo Díaz.Noraboa polos éxitos individuais e colectivos¡¡¡

Agora toca seguir traballando nesta pretempada para chegar o mellor posible a fase de clasificación e o Play Off de ascenso a liga Ouro

Forza Culle.

RESULTADO FINAL : BM CULLEREDO REMAX RIAZOR 36 - HIERROS VARELA URBIETA 30.

PARCIALES CADA 5`: 1-5/4-10/7-13/11-14/15-16/17-19/20-20/24-23/26-25/33-27/36-30

HIERROS VARELA URBIETA XIRIA:Daniel Marta,Unai Cotelo,Rubén Nogareda,Álvaro Gómez ,Andrés Pombo,Andrés Pereira,Saúl Fuentefría , Nicolás Cancela,Xano Rama,Izán Cabeza, Xabier Fernández, Lucas Fajardo , Marcos Varela Varela, Pablo Fraga.

BM CULLEREDO REMAX RIAZOR: Hugo Díaz, Hugo García, Teo López, Alex Tajes, Fabián Manzo, Jaime Serrano, Jorge Outón, Roi Fernández, Hugo Rodriguez, Diego Piñeiro, Iago Allegue, Xoán Bello,Xoán Canedo.

ÁRBITROS: Pablo Barreiro y Henrique Folgoso, Victor Manuel Rivera(Delegado Federativo)

INCIDENCIAS: Final da Copa Galicia cadete masculino disputada no polideportivo O Gatañal en Cangas do Morrazo .

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *