Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Toca xornada intensa en Tarrío, coa Final Four infantil en Culleredo, 8 partidos do maís alto nivel e de máxima intensidade. Ademáis haberá diversos partidos amistosos fronte ao Xiria e a volta de semifinais da Copa para o equipo senior masculino.

(IM) BM CULLEREDO NOSOLOMADERA VS BALONMÁN CHAPELA

(SM) MAGOPE SEIS DO NADAL VS BM CULLEREDO

O Bm Culleredo, afrontará o partido de volta das semifinais de Copa Federación este próximo sábado ás 20.15 no municipal de Tarrío. No medio do ambiente festivo e de balonmán base que esta fin de semana vaise respirar no Concello de Culleredo coa celebración da Final Four Infantil masculina e feminina, o BM.Culleredo da 1.ª autonómica masculina, pechará o Sábado cun encontro que debe de servir para lavar a pobre imaxe a nivel competitivo que deu o equipo a pasada semana en Vigo e preparar a gran cita da semana que vén da fase de ascenso a 1.ª nacional. Trátase de que o conxunto cullerdense entre no envite con intensidade, seriedade, concentración e una boa actitude para ofrecer unha imaxe acorde co nivel do cadro de persoal. Será un partido duro e un exame de alta esixencia para afrontar o reto da próxima fin de semana.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *