Saltar ao contido

O SEIS DO NADAL APEA DA FINAL DA COPA FEDERACIÓN AO BM.CULLEREDO

Era moi improbable, por non dicir imposible, que o BM.Culleredo se impuxése ao Magope Seis Do nadal por unha diferenza maior á conseguida polos olívicos no partido de ida das semifinais da Copa Federación (40-23) e, por tanto, que puidese conseguir o pase a esa Final da segunda competición autonómica. De calquera modo, estaba en xogo e ante o seu público, a posta en escena dun conxunto que a semana que vén xogarase o ascenso a primeira nacional e, por tanto, sesenta minutos que debían de ser frutíferos a modo de ensaio para esa transcendental cita.
O BM.Culleredo comezaría o encontro cun ritmo aceptable e unha boa actitude competitiva e nos primeiros minutos púidose ver unha loita igualada entre dous conxuntos que estaban a darlle seriedade ao envite. Si é verdade que os ataques acabarían por impoñerse ás defensa nuns primeiros trinta minutos que dominaban pola mínima o conxunto visitante (17-18).
Sairía imponente o BM.Culleredo na continuación, aumentando as prestacións na retagarda e obtendo unha diferenza importante no minuto 40 de encontro, grazas a encaixar tan só un gol e conseguindo un 7-1 de parcial (24-19). Foi a partir do minuto quince cando apareceron de novo esa sucesión de erros non forzados nas que ás veces cae o BM.Culleredo. Uns minutos de precipitacións e desconcerto que levarían ao equipo, coma se dunha repetición da Final Four se tratase, a perder todo o gañado nun dicir amén, encaixando unha parcial final de 4-12 que daría ao traste coa mínima aspiración de impoñerse no encontro ao conxunto de Vigo.
Agora queda centrarse no obxectivo máis grande e ambicioso da tempada, que non é outro que o da Fase De Ascenso que se celebrará en Tarrío a próxima fin de semana.

BM. Culleredo : 30 (17+13). Jorge López (P), Oscar Bello (p), Alberto Catoira (5), Martín ínsua, Miguel Casal (6), Nuno Loxo (1), Diego Gago (3), Marco García (4), Marcos Vázquez (1), Daniel De Salvador, Iago Ferreiro (1), Carlos Costa (2), Darío Pérez, Adrián Rodríguez (3), Juan Salvador (1), Álvaro Fdez (3).

Magope Seis Do Nadal: 33 (18+15). Gerard Conill (P), Andrea Marie (P), Marcos Domínguez (3), Iago López (1), Xabier Reveriano Soutullo (2), Adrián Leirós (8), Diego Fandiño (1), Iago Cameán, Bruno Cela (4), Álvaro Cameselle (2), Xoán Otero (2), Guillermo Rial, Isaac Rodríguez, Samuel Couto (10).

Parciais cada 5´: 3-4 / 6-5 / 9-9 / 13-11 / 15-14 / 17-18 / Descanso / 21-18 / 24-19 / 26-21 / 27-25 / 28-29 / 30-33 / Final.

Colexiadas: José Henrique Folgoso e Sergio Murillo.

Incidencias: Semifinal da Copa Federación na 1ª autonómica, categoría senior masculino. Partido de volta disputado no municipal de Tarrío con moi boa afluencia de público.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *