Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO GANA UNHA PRAZA NA FINAL E O LOITARÁ POLO BILLETE PARA A FASE DE ASCENSO

O BM.Culleredo, impúxose na primeira semifinal da Final Four da 1.ª autonómica masculina ao conxunto anfitrión do Calmear Rasoeiro BM. Foi un partido vibrante, dinámico, vistoso, cun pavillón Novo Monte Dá Vila a rebordar e o ambiente de balonmán das mellores ocasións. Balonmán houbo e moito, entre dous equipos que loitaron ata a extenuación en enfrontamento limpo por un posto na final de mañá Domingo. Os do Grove comezaron moito mellor o envite, arroupados e esporeados polo entusiasmo da súa afección (5-1), pero os cullerdenses non se descompuxeron e mantiveron a calma para poñer orde na contenda (6-6 minuto 10). A afección de Culleredo, que nun número próximo ao centenar acudiron á cita, animaban sen cesar e fundíanse no momento de máis fervor cun equipo que aumentaba as súas prestacións co paso dos minutos. Senén asentábase no avanzado e o 5:1 do BM.Culleredo comezaba a sementar serias dúbidas no posicional do conxunto locatario. O pero xurdía dos numerosos e repetidos fallos en accións de 1x0, situacións francas de finalización que os cullerdenses desperdiciaban unha e outra vez para cobrar unha maior renda. Aínda e todo, o 15-17 a prol dos de Culleredo, deixaba moi esperanzado ao equipo e á afección rojilla para a segunda parte.
Na continuación e aproveitando a maior rotación que ofrece ao equipo a amplitude de cadro de persoal, o BM.Culleredo iría desgastando ao seu rival e combinando na retagarda o 5:1 e as súas variantes co 6:0, non permitiría ao Calmear Rasoeiro sentirse cómodo, á vez que incidiría directamente na fatiga do rival. Chegaría entón o BM.Culleredo a ampliar a renda a catro goles no tramo final e aínda que o conxunto meco negábase a darse por vencido, reducindo a distancia en varias ocasións, o BM.Culleredo dominaría e controlaría o tempo e o ritmo de partido para asegurarse a vitoria e unha praza na final de mañá. Agora, o BM.Culleredo está a un paso de poder conseguir o billete para a ansiada fase de ascenso: 60 minutos e o seu rival, o conxunto olívico do Magope Seis Do Nadal, sepáranos deste ambicioso obxectivo final.

Calmear Rasoeiro BM.: 31 (15+16). Ángel Noya, Javier Garrido (3), Iago Rodríguez (8), Alex Iglesias (1), Daniel Gonsalves, Sergio Iglesias, Javier Noya, Adrián Fdez, David Rey (2), Juan Cuenca (8), Vicente Enrique Domínguez (2), Rodrigo Mouco (5), Iván Campos (1), Brais Vázquez, Omar Mosquera (1).

BM. Culleredo : 34 (17+17). Cristian Vigo (P), Oscar Bello (P), Martín ínsua, Alberto Catoira (3), Carlos Costa (2), Miguel Casal (5), Iago Franco (2), Marco García, Marcos Vázquez (4), Álvaro Fdez (1), Senén Garea, Iago Ferreiro (4), Juan Salvador (1), Diego Gago (4), Mario Crecente (6), Adrián Rodríguez (2).

Parciais cada 5´: 5-1 / 6-6 / 9-8 / 13-12 / 14-15 / 15-17 / Descanso / 18-20 / 20-23 / 22-25 / 25-29 / 29-31 / 31-34 / Final.

Colexiados: Alberto Rodríguez e Henrique Folgoso.

Incidencias: 2ª semifinal da Final Four na 1ª masculina. Partido disputado nun pavillón Novo Monte Da Vila a rebordar e con un centenar de siareiros desprazados de Culleredo que animaron sin cesar e vibraron con este partidazo de balonmán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *