
Tocáballes aos nosos infantís da Liga Prata afrontala derradeira xornada da fase polo título fronte aos veciños do OAR Coruña.
Prevíase un partido igualado e non decepcionou, con 2 equipos moi parexos por momentos e alternancias no marcador. Comezaban os nosos con problemas en ataque, para enfrentala cerrada 6:0 que propoñían os rivais, non atopando a forma de xerar o espazo necesario para chegar á portería. Ás dificultades na fase ofensiva sumábaselle o acerto do porteiro rival, que conseguía deter claras ocasións de gol e dar oportunidades ao contraataque para os visitantes que rápidamente se porían a 3 goles dos cullerdenses.
Na fase defensiva víanse moi seguros e sólidos os nenos do Climanosa, que non cedían ante o ataque rival e con un gran traballo colectivo impedían que chegasen á portería no ataque posicional. Tras uns pequenos axustes cambiaría o sino do encontro, cos nosos con ideas máis claras en ataque conseguían facerlle dano aos rivais no xogo 2x2 co pivote e dándolle velocidade ao balón ata atopalo espazo polo que poder penetrar. Con isto chegaría o Climanosa 1 gol por encima no marcador ao descanso.
A segunda parte sería unha historia completamente diferente, as perdas de balón e os erros de lanzamento lastraríannos continuamente, xerando unha frustración que os cullerdenses non foron quen de manexar para poder loitalo encontro e rematarían perdendo 13-17.
Bm Culleredo Climanosa: 13 (8+5) Hugo (P), Mateo (P) Iván, Martín, Mauro, Jacobo García, Pablo, Antón, Guillermo, Diego, Lucas, Isaac, Alex.
OAR Coruña 1952: 17 (7+10) Bruno, Antonio, Santiago, Sergio, Nicolás, Carlos, Marcos, Martín, Tomás, Manuel, Isayas, Daniel, Nicolás.
Árbitros: Paula Peteiro e Martina Regueiro.
Incidencias: Partido correspondente á derradeira xornada do grupo polo título da Liga Prata infantil masculina.