Saltar ao contido

QUINCE MINUTOS DE DESCONTROL, TERMINAN CO SOÑO DO BM.CULLEREDO NUNHA FINAL QUE TIÑA ENCARRILADA.

Despois dunha final vibrante e repleta de emoción, o BM.Culleredo caeu ante o Magope Seis Do Nadal. Nos últimos quince minutos, o equipo cullerdense entrou nun bucle sen retorno onde acumulou numerosos fallos consecutivos que facilitaron a remontada dos olívicos cando ían catro goles por detrás.
O Seis Do Nadal entrou con forza no envite, dominando a contenda cun 2-5 inicial. Os de Culleredo, sabedores da súa amplitude de cadro de persoal, esperaban o seu momento e continuaban traballando o partido, xogando co desgaste do seu rival. Tal e como ocorrese na semifinal, aos dez minutos o electrónico xa reflectía máxima igualdade, en canto os cullerdenses empataban o encontro (6-6) e a partir de aí establecíase unha loita encarnizada entre ambos os equipos para tomar a dianteira. Asomaría a cabeza de novo o conxunto de Vigo (9-12), pero respondería con contundencia o BM.Culleredo para colocar un gol de fly nos últimos instantes e retirarse ao vestiario no tempo de descanso cun valioso gol de vantaxe (14-13).
O comezo dos de Culleredo na continuación non puido ser máis esperanzador, ca defensa 6:0 funcionando a un nivel sobresainte en colaboración co porteiro Cristian. A retagarda mantiña baixo control o posicional do Seis Do Nadal, que non era capaz de perforar a portería rival e vía como o BM.Culleredo aumentaba a súa diferenza de forma perigosa (17-13). Eran os mellores momentos dos de Culleredo, que aínda gozarían dun contraataque para colocarse cunha cómoda diferenza de cinco goles arriba, aínda que o lanzamento final, nesta ocasión , perderíase por encima da portería olívica. O "Sedona" perdía un efectivo debido a un mal cambio e todo parecía encarrilado para o BM.Culleredo. Nada facía presaxiar o que se aveciñaba e é que de forma inaudita, todas as boas sensacións e o traballo neste inicio do segundo tempo, acabaríase indo ao traste en menos de cinco minutos, tempo no que o Magope Seis Do Nadal conseguía un parcial de 0-5 e colocábase por diante (17-18). As precipitacións en certos lanzamentos e, especialmente, as perdas de balón, supuxeron unha serie de contraataques que terminarían en 1x0 e decantaban a balanza a favor do conxunto sureño. Abríase un novo escenario con moito que disputar, pero o BM.Culleredo xa iría sempre a remolque, sumido nun mar de imprecisións e precipitacións que ao cabo serían definitivas. Ata 14 erros nestes minutos (un erro por minuto), foron excesivos para poder voltear de novo o marcador e poder conseguir o ansiado pase á fase de ascenso a 1.ª nacional.

Recoñecemento ao centenar de siareiros desprazados dende Culleredo, que non parou de apoiar ao seu equipo durante os sesenta minutos e lles bridou unha enorme ovación ao rematar a contienda.

BM. Culleredo : 21(14+7). Jorge López (P), Cristian Vigo (p), Alberto Catoria, Martín ínsua (3), Miguel Casal (6), Iago Franco, Marco García (2), Marcos Vázquez (1), Iago Ferreiro, Carlos Costa (4), Diego Gago, Mario Crecente (5), Darío Pérez, Adrián Rodríguez, Juan Salvador, Álvaro Fdez.

Magope Seis Do Nadal: 25(13+12). Gerard Conill (P), Andrea Marie (P), Santiago Iglesias, Marcos Domínguez (2), Iago López, Xabier Reveriano Soutullo (2), Raul Noguerol, Adrián Leirós (5), Bruno Cela (7), Álvaro Cameselle, Xoán Otero, Guillermo Rial (3), David Rial, Samuel Couto (2), Jorge Gayo (4).

Parciais cada 5´: 2-4 / 6-6 / 8-8 / 9-12 / 11-13 / 14-13 / Descanso / 16-13 / 17-13 / 17-18 / 19-20 / 20-23 / 21-25 / Final.

Colexiadas: Abel Juncal e Ángel Mateos.

Incidencias: Final vibrante da Final Four na 1ª autonómica, categoría senior masculino. Partido disputado nun pabillón Novo Monte Da Vila cas bancadas repletas e moitísimos siareiros desprazados dende Culleredo.

Un comentario en “QUINCE MINUTOS DE DESCONTROL, TERMINAN CO SOÑO DO BM.CULLEREDO NUNHA FINAL QUE TIÑA ENCARRILADA.

  1. Un aficionado

    Enhorabuena a todos los jugadores y a todo el cuerpo técnico por otra temporada excepcional, aunque no se ha logrado conseguir el objetivo de entrar en la fase de ascenso, si se ha conseguido el de, una vez más, ilusionar a una afición que disfruta con el balonmano y sobre todo con el esfuerzo, la entrega y la lucha de este grupo de jugadores, y ese es el éxito innegable de este equipo mucho más allá de los resultados, que algunas veces son fruto más de la fortuna que de la justicia, y en ocasiones el trabajo duro de toda la temporada parece que se desvanece en un instante. No es así, habéis hecho disfrutar y emocionarse a mucha gente, en las victorias y también en las amargas derrotas, y esa debería ser la mejor recompensa.
    Mucho ánimo para todos y la cabeza alta, estamos seguros de que la temporada que viene volveréis a estar ahí, arrastrando por toda Galicia a la afición del Culle y levantándonos de los asientos. Forza Culle¡¡¡

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *