Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO REMATA A COMPETICIÓN COMO SUBCAMPIÓN E XOGARÁSE O PASE Á FASE DE ASCENSO NA FINAL FOUR

Despois da vitoria fronte a Tui este pasado Sábado, o BM.Culleredo remata a competición ligueira como subcampión, cuns números certamente notables (tan só cinco puntos cedidos), pero ás portas do campionato (A un punto do primeiro clasificado). Por tanto, os cullerdenses acudirán ao pavillón Monte Dá Vila no Grove a próxima fin de semana, co obxectivo de conseguir a segunda praza para a fase de ascenso a categoría nacional.
O do Sábado foi un encontro onde se notaron desde os primeiros compases as necesidades dos de Tui, coqueteando co descenso e obrigados a sumar os dous puntos para lograr a salvación. Os foraneos poñían maior intensidade e concentración no xogo, o que lles levaría a dominar o marcador desde o inicio e adquirir vantaxes importantes de ata catro goles de diferenza (6-10). O BM.Culleredo recortaría diferenzas ao descanso (13-15), deixando o desenlace final para os segundos trinta minutos.
No segundo acto, os de Culleredo, aínda sen impoñer a súa mellor versión, sairían cun mellor talante e aos dez minutos tomarían o mando no marcador (19-18). Estableceríase entón unha loita encarnizada entre dous equipos e unha tensión evidente nos foraneos que non se daban por vencidos ante o perigo do descenso. Cando se entraban nos últimos dez minutos e o BM.Culleredo adquiría unha distancia de tres goles, parecía que o partido caería a favor do equipo local, pero os tudenses revolvíanse como gato bandullo arriba e volvería establecer as táboas no electrónico a falta de dous minutos (25-25). O desenlace, cruel para os de Tui, caía favorable ao BM.Culleredo nos últimos instantes e certificaba o descenso de categoría do BM.Tui.

BM. Culleredo : 27 (13+14). Jorge López (P), Cristian Vigo (P), Martín ínsua (2), Carlos Costa (1), Miguel Casal (1), Iago Franco, Marco García (2), Marcos Vázquez (4), Álvaro Fdez, Iago Ferreiro (4), Juanchi (1), Mario Crecente (6), Darío Pérez, Diego Gago (4), Adrián Rodríguez, Alberto Catoira (2).

Clube BM.Tui: 25 (15+10). Lucas Domínguez, Xabier Romero, Miguel Ángel Martínez (3), Manuel Fdez (6), Sergio Álvarez (1), Carlos Fdez (1), Anxo Álvarez (2), Diego Rodríguez (3), Marcos Serrano (2), Oscar Alonso, Miguel Díz, Saul González, Juan Adrián Casales, Hugo Rodríguez, Diego Póns (1), Iván Pérez (6).

Parciais cada 5´: 3-4 / 5-7 / 6-10 / 8-10 / 12-13 / 13-15 / Descanso / 15-16 / 19-18 / 21-19 / 24-22 / 24-24 / 27-25 / Final.

Colexiado: Paula Fontán e Iria Rivera.

Incidencias: Derradeira xornada da 1ª autonómica en categoría senior masculina. Encontro disputado no municipal de Tarrío ante douscentos espectadores.

Fotos do encontro:

https://photos.app.goo.gl/kBTQkVzPYPedwKE79

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *