Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO SWEEPEND REMATA A COMPETICIÓN COMO O CAMPIÓN PERFECTO

Esta fin de semana pasada, o BM. Culleredo Sweepend xogaría o último encontro da liga Ouro en categoría cadete masculino. O broche á competición non podía ser mellor, xa que os cullerdenses impoñeríanse por un incontestable 41-22 aos veciños do BM.Abegondo Siem e desta forma rematarían está tempada ligueira 2022-23 sen coñecer a derrota. De feito, habería que remontarse ao final da pasada campaña para atopar a última derrota deste grupo e naquela ocasión, tivo lugar na primeira fase do campionato de España, a única sufrida nese intersector.
Deste forma, o BM.Sweepend afrontará a mediados do mes de Maio un novo sector nacional, ao que chega como campión galego.
No referente do pasado Sábado, apuntar que a pesar de chegar con tan só oito xogadores, o conxunto de Abegondo expuxo un bo nivel competitivo, especialmente no primeiro acto e aínda que o encontro non comezou moi ben para os seus intereses (5-1), conseguiron aumentar as súas prestacións co paso dos minutos ata retirarse ao vestiario no descanso cun 16-12 esperanzador.
No segundo tempo, os de Culleredo aumentarían unha marcha máis e sendo amos e señores do envite en todas as fases do xogo, completarían uns segundos trinta minutos nos cales desarbolarían ao seu rival para conseguir, ao cabo, esa contundente vitoria.
Destacar o bo ambiente deportivo entre os dous equipos e o paasillo que os xogadores de Abegondo decidiron realizar aos seus compañeiros de Culleredo como recompensa ao seu campionato galego, gran detalle deses mozos que os acredita como magníficos deportistas.

BM. Culleredo Sweepend: 41 (16+25). Marco González (P), Hugo Díaz (P), Atalo Bello, Iago Vázquez, Adrián Veira, Iván Sánchez, Aaron Blanco, Antón Pérez, Álvaro Siso, Samuel Seijas, Josemi Martínez, Jorge Outón, Alejo Martínez, Hugo Rodríguez, Nico Casal, Anxo Negreira.

BM.Abegondo Siem: 22 (12+10). Yago Blanco, Gabriel Ventura, Pablo Pardo, Leo Rodríguez, Tomás De La Fuente, Diego Carracedo, Enrique Núñez, Lucas Faraldo, Daniel Gómez, José Martín Salgado, Adrián ínsua, Jorge Ferreiro, Brais Candal.

Colexiadas: Martina Regueiro e Uxía Mariño. Sen complicacións.

Incidencias: Derradeiro encontro na Liga Ouro da categoría cadete masculino e partido de derbi ante os veciños do BM. Abegondo Siem. Encontro disputado no pavillón de Tarrío con un centenar de siareiros nas bancadas de ambos os conxuntos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *