Saltar ao contido

O BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR NON DEFRAUDA

Na última xornada da Liga de Prata 2ª Fase, o equipo do Bm Culleredo Fisioterapia Benestar, logra a victoria diante da súa afección fronte o Bm Cañiza, sumando asi os seus últimos dous puntos coa plantilla ó completo.

Queda asi encadrado entre os 10 primeiros postos a nivel galego da competición dun total de 22 equipos.

O encontro disputado en Almeiras na tarde do domingo fronte ó Cañiza, tivo de todo, pero sobretodo, unha constante de loita e sacrificio por ámbolos dous equipos. Un Cañiza escaso de xogadoras, loitou cada balón ata o asubio final e o Culleredo mermado de ideas ante a defensa 4:2 trataba de encarrilalo encontro. O Culleredo non xogou moi cómodo, pero ainda asi con simples accións individuais e desmarques, conseguían penetrar cara portería. Houbo un cambio defensivo cullerdense que propiciou máis faios ofensivos do Cañiza aproveitados en contras por parte do Culleredo nos compases finais do encontro. Pero a pesar diso, o Cañiza atopou nos lanzamentos exteriores e nos bloqueos do pivote poder dar na diana e por en apuros en máis dunha ocasión o Culleredo.

As distancias no electrónico eran mínimas, o equipo do Culleredo conseguía a súa máxima renta no inicio da segunda parte (5 goles) o que proporciou unha maior rotación co banquillo, para facer participe a tódalas xogadoras convocadas.

Un final de tempada cun +2, que pecha un ciclo novo para o equipo cadete femenino do Balonmán Culleredo.

En espera dunha próxima competición, as cullerdenses xa están traballando nos obxetivos da tempada 23/24.

Noraboa polos éxitos conseguido, o gran traballo e o esforzo.

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 34 (16+18) : Carla Muiño Cancela, Noelia Lopez Andreica, Lucia Ines Cortegoso Rey, Carla Corral Quian, Aroa Barbeito Casas, Maria Bescansa Alcoba , Antia Mosquera Rubiños , Leire Barbeito Casas, Paula Peteiro Vazquez, Lua Fernandez Nuñez, Antia Ferreño Fernandez , Valentina Martinez Fiuza , Aroa Garcia Pena, Irene Rodriguez Fernandez, Sara Fraga Fraga, Uxia Muñiz Lopez

SERFIS CAIXABANK BM CAÑIZA 28 (13+15): Lola Rodriguez Riveiro, Daniela Carrera Rivas, Karla Rodriguez Dominguez, Maria Giraldez Piña , Aroa Alvarez Rey, Zaira Fernandez Lopez, Carla Miguelez Lago , Marola Perez-Labaca Rocha , Aline Carmen Rana Vargas e Silva,Eire Gonzalez Domingez

Parcial Cada 5 Minutos: 3-2/6-4/7-6/10-8/14-11/16-13 Descanso 19-14/22-17/25-20/28-24/29-27/34-28 Final

Colexiados : Ivan Alfonso Pazos e Martina Regueiro Insua. Excluiron a Carla Corral, Lua Fernandez, Antia Ferreño dous minutos polo equipo local e a Carla Miguelez polo equipo visitante. Tamen excluiron catro minutos a aline Carmen Rana

Incidencias: 9ª Xornada da Liga de Prata 2ª fase, celebrada no Pavillón Municipal de Almeiras. Con 40 persoas aproximadamente de público.

Resultados da xornada

PADTHAIWOK BUEU ATLETICO BALONMAN - CORETI LALÍN 23-27

OPTICA STUDIO BM. CANGAS - S.D. TEUCRO CLINICA VETERISAUDE 25-21

ASMUBAL MEAÑO - SAR B BLUENEWABLES 32-36

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *