Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Esta xornada é xa unha desas que teñen sabor a fin de tempada, con poucos encontros a desputar, moitas competicións rematadas e coa vista posta xa nas Final Four que se veñen e nas posibles fases nacionais. Importantísimo o partido dos senior, que de perder este venres o Porriño e ganarlle os nosos a Tui seríamos campións da 1ª Autonómica Masculina.

(IF) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA VS NORDATA XIRIA

As nosas miniguerreiras xogan un derbi provincial na última xornada do campionato ligueiro da Liga Ouro.

O rival, o segundo clasificado, o Xiria de Carballo que porá en moitas dificultades ao Abogacía Canosa.

Un Abogacía que quere rematar con boas sensacións e cunha vitoria na derradeira xornada. 

(IM) BM CULLEREDO CLIMANOSA VS OAR CORUÑA 1952

O Climanosa afronta a derradeira xornada da fase polo título da Liga Prata fronte aos veciños do OAR, un derbi na zona baixa da táboa clasificatoria. Tralo bo traballo feito esta tempada, competindo cada partido fronte aos mellores equipos da Liga Prata, toca poñelo punto final e amosar que estos rapaces continúan aprendendo e crecendo. Será un encontro duro, donde a crave estará na fase defensiva cullerdense, buscando xerar moitas dudas nos visitantes e reducila cantidade de goles encaixados, talón de Aquiles dos nosos nos últimos encontros.

(IM) BM CULLEREDO NOSOLOMADERA VS ABEGONDO OPEMAT

Último encontro do Nosolomadera no campionato regular da Liga Ouro.

O rival que visita Almeiras será o Abegondo, que se xoga o pase á Final Four. Pola nosa parte, os infantís do Nosolomadera xa teñen o pase á Final Four garantizado, na que se loitará por unha praza para o campionato estatal.

O Nosolomadera quere brindar unha última vitoria aos seus afeccionados en Culleredo.

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS SERFIS CAIXABANK BM CAÑIZA

Derradeiro encontro da Liga de Prata 2° fase, onde as rapazas de culleredo, enfrontaranse o domingo 16 ás 18:30 en Almeiras ó Cañiza, último clasificado da competición.

As cullerdenses ,sen apenas opcións para clasificarse para os play off, intentarán poñelo broche final á competición fronte a súa afección cunha victoria.

(CM) BM CULLEREDO SWEEPEND VS BM ABEGONDO SIEM

O BM.Culleredo Sweepend, afronta o seu último encontro da Liga Ouro 2022-23 cos deberes xa feitos, xa que fai tres xornadas conseguíu o título de campión galego e a clasificación para o Campionato de España. Os cullerdenses, que ademáis permanecen invictos nas dezasete xornadas disputadas ata o momento, desexan rematar a competición con pleno de vitorias ante o seu público neste derbi provincial que lles enfronta aos veciños do BM.Abegondo SIEM. Parece evidente que a defensa do BM.Culleredo Sweepend deberá de funcionar a bo nivel, dada a facilidade anotadora do conxunto de Abegondo e outra das claves será a ambición, seriedade e concentración coa que o equipo salga ao 40x20 do municipal de Tarrío despois do parón de Semana Santa. O encontro disputarase o Sábado ás 16.30.

(SM) BALONMÁN CULLEREDO VS CLUBE BALONMÁN TUI

O BM.Culleredo, pode saír ao 40x20 do municipal de Tarrío o Sábado ás 18.30h como campión da 1ª Autonómica. Para iso, o BM.Porriño, que adianta a súa xornada ao Venres, deberá de saír derrotado no seu feudo ante os olívicos do Seis Do Nadal. Pode ser por tanto, un día do máis festivo para os de Culleredo no caso de que se de o resultado desexado, aínda que de non ser así, o equipo recibe ao BM.Tui sen presión algunha, xa que teñen asegurada a segunda praza da competición e, por tanto, a participación na Final Four da categoría. O desexo do BM.Culleredo é realizar un bo encontro e impoñerse ao BM.Tui, independentemente do resultado que se de en Porriño. A obriga do conxunto local é competir para rematar a competición con tan só cinco puntos cedidos e prepararse para o que vén a continuación, ben unha fase de ascenso, ou ben unha Final Four previa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *