Saltar ao contido

Inesquecible experiencia para os/as infantís do Bm Culleredo

Esta Semana Santa, 47 nenos/as da categoría infantil do Balonmán Culleredo puideron disfrutar dunha gran experiencia en San Joao da Madeira. Como ven sendo costume nestas datas para o clube, desprazámonos ao país veciño a participar neste inmenso torneo que é a Andebolmania, no que participaron neste 2023 arredor de 2400 deportistas de diferentes categorías.

Este ano foi turno para os/as infantís do clube, que se desprazaron a Portugal a convivir, competir e disfrutar xunto a xogadores/as de todos os puntos da xeografía da Península Ibérica. O intercambio cultural, de experiencias e vivencias foi notable, sendo ademáis unha experiencia moi enriquecedora para o seu crecemento persoal.

Os/as xogadores/as estaban divididos en 2 equipos femininos e 2 equipos masculinos, que desputaron ata 6 partidos nos 4 días que dura a competición. A nivel deportivo foi todo un éxito, estando os 4 equipos xogando a un moi bo nivel e competindo cada encontro, chegando un dos equipos infantís masculinos a ser campión da súa categoría nunha axustada final.

No derradeiro día xogaron o encontro que decidía o seu posto final no torneo, sendo 4 encontros de alta intensidade e nivel:

  • Sub14 feminino: Bm Laguna - Bm Culleredo "B" (Partido polo 5º/6º posto):

Último día de torneo e último partido do infantil femenino “B” no que competiron polo 5º-6º posto contra o “Bm Laguna”. O encontro non comezou favorecendo as nosas nenas que froxearon en defensa, agasallando ocasions as rivais que non dudaron en aproveitar. Pese a isto e o cansancio acumulado, as rapazas loitaron en ataque conseguindo reducir a diferenza de sete goles en contra a tan so dous, grazas en gran parte a rápida subida de balón e as gañas que puxeron todas e cada una delas por tratar de darlle a volta ao marcador.
Gran torneo destas rapazas cun moi merecido 6º posto, no que amosaron unha gran actitude competitiva, un moi bo balonmán e sobre todo un moi bo compañerismo.

  • Sub14 feminino: Bm Culleredo "A" - SC Espinho (Partido polo 13º/14º posto):

As infantís do Bm culleredo "A" loitaban polo posto 13° de novo fronte o SC Espinho. No partido anterior, moi reñido ata o final (13-13), indicaba cas cousas non ían a ser nada doadas para as cullerdenses. Cunha mentalidade máis forte e con máis encontros nas costas, as pequenas guerreiras saíron a por todo e con todo, e así foi. Un encontro marcado por numerosas amonestaciones e exclusións onde parecía unha final dunha competición de altura. As do Espinho cunha defensa máis agresiva (ata 4 xogadoras excluídas en menos de 3 min) trataban de impedir as penetracións das cullerdenses. Pero non mermaban a garra e a dureza do xogo. Un Culleredo que lle valeu ter unha mínima ventaxa para levarse o encontro, xa co empate aparecía no marcado demasiadas veces. Merecida victoria para unha experiencia nova, contra outros equipos de Portugal e resto de España.

  • Sub14 masculino: Bm Culleredo "B" - CD Iplacea (Partido polo 7º/8º posto):

Afrontaban os infantís do Bm Culleredo "B" este encontro plenos de confianza, tralo bo xogo dos anteriores encontros. Comezaba o partido moi igualado, con boas accións de 1x1 rivais que se vían contrarestadas coa nosa cadea de axudas e as paradas dos nosos porteiros. A pesares de conseguir roubar numerosos balóns o bo repregue rival non nos permitía chegar con claridade ao contraataque, pero o noso ataque posicional e o bo xogo colectivo facíannos atopar rápidamente o camiño ao gol, véndose superada a defensa madrileña. Rapidamente conseguiríamos sacar vantaxe e dende ahí poderíamos xogar con ese "colchón", que nos permitía cometer algún erro sen ver peligralo resultado. A vitoria final dos nosos é o premio ao gran torneo destes nenos que souberon facer autocrítica, correxir erros e xuntarse tralo mal 1º encontro deste torneo contra o equipo que foi finalista do torneo.

  • Sub14 masculino: Aguas Santas "A" - Bm Culleredo "A" (Final)

O Bm Culleredo "A" xogaba a final do campionato sub14 da Andebolmania contra o Augasantas "A" portugués.
O encontro comezaba con vantaxe dos cullerdenses, cun parcial de 1-4 nos primeros 5 min de encontro, a defensa presionate estaba a poñer en dificultades o ataque portugués.
A primera parte foi un esforzo defensivo dos nosos moi grande xa que remataba a primera parte tan só recibindo 6 goles, pola contra o Culleredo era capaz de superar a defensa 6:0 portuguesa, unha 6:0 á que lle había que sumar o físico do equipo de Augasantas, pero que os nosos con moita disciplina lograban superar e irse 6-11 ao descanso.
A segunda metade comezaba cun Culleredo gardando as distancias no marcador, chegando a unha vantaxe mínima de 2 goles, mágoa non rompelo partido por certos erros de lanzamento, pero todo seguía nas mans dos cullerdenses.
Co paso dos minutos a gasolina do Culleredo disminuía e pola contra a do Augasantas mantíñáse grazas á súa superioridade física e antropométrica.
A falta de 5 minutos o equipo portugués conseguía empatar o encontro, pero o Culleredo con moita cabeza e orgullo non se rendeu, loitando polo que querían a estas alturas do partido.
Co encontro empatado o Culleredo fixo uso dun dos seus segredos, a solidaridade defensiva, isto propiciou o erro do equipo portugués e a falta de 7 segundos sacou rápido o balón sen perder tempo e conseguiu forzar un 7 metros. Co tempo parado, esa distancia determinaría o encontro ¿Qué pasou? GOL, o equipo cullerdense lograba a vitoria neste campionato de larga duración onde a parte de experiencia na convivencia, as vivencias, o pouco descanso e o esforzo en todo o momento, o Bm Culleredo conseguía o campIonato!
Noraboa a toda sección do infantil masculino do Culleredo que este premio é parte de todolos compoÑentes que día a día entrenan todos xuntos, sen todos eles non sería posible.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *