Saltar ao contido

O Climanosa segue crecendo!

Desprazábase na mañá do sábado o Climanosa a Bueu para desputala penúltima xornada de competición nunha moi compricada saída. Dende o comezo veríase que sería un partido moi difícil, con unha ampla superioridade antropométrica dos rivais e a súa defensa 6:0, sabíamos que sufriríamos para facerlles dano.

Os nosos, non acostumados de momento a enfrentarse estas defensas, pasárono moi mal ao comezo do encontro, sufrindo para xerar un oco que nos permitise chegar á portería. As perdas dos cullerdenses permitíanlle aos rivais subir rápidamente en 2ª oleada aos rivais, que chegaban con moita forza e nos custaba frenalos, conseguindo un 5-1 de parcial ao comezo do encontro.

A primeira parte iría mostrando unha clara melloría, cos nosos cada vez xogando con máis sentido e dándolle un ritmo ao balón que complicaba o traballo defensivo dos locais. A pesares disto, a precipitación por momentos dos nosos e o gran acerto do porteiro local negábannos a posibilidade de acercarnos no marcador, chegando ao descanso 9 goles abaixo.

Tralo paso polos vestiarios, conseguíamos deixalas ideas claras en ataque e dar un pasiño máis na fase defensiva, donde comezábamos a ser máis contundentes e solidarios, conseguindo frear a incercia do 1º tempo.

Entraríamos nunha dinámica moi boa, na que os locais non eran quen de despegarse no marcador e o xogo colectivo dos cullerdenses veríase capaz de igualar aos locais, que por momentos sufrían.

Derrota do equipo no marcador, pero unha nova victoria como xogadores, que seguen a evolucionar e amosar que cada día dan un paso máis adiante e continúan a crecer!

SonRías Baixas Bueu Atlético Balonmán: 33 (17+16) Pablo, Juan, Diego, Mateo, Óscar, Mario, Gael, Alberto, Francisco, Marco, Miguel, Mateo, Alonso, Roi, Darío.

Bm Culleredo Climanosa: 24 (8+16) Hugo (P), Iván, Martín, Xoel, Mauro, Javier, Jacobo Soto, Jacobo García, Pablo, Antón, Guillermo, Diego, Isaac.

Árbitros: Ainhoa Rodríguez e Jonathan Rodríguez, moi correctos e acertados durante todo o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 7ª xornada do grupo polo título da Liga Prata infantil masculina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *