Saltar ao contido

UN BÓ INICIO DO SWEEPEND DECANTA O PARTIDO EN TUI

O Sweepend viaxaba a Tui na penultima xornada do campionato relgular da liga Ouro a enfrontarse contra o Balonmán Tui,equipo cuarto clasificado.

Comezaba o encontro cun equipo cullerdense moi concentrado a nivel defensivo, tanto o sistema 6:0 e o repliegue defensivo estaban a dar os seus frutos no incio do encontro , xa que en 10 minutos tan só estaban a recibir 2 goles.Na fase ofensiva primeiro ante un 5:1 o equipo respondia medinate transformación ou xogo a espalda do avanzado , e sumando os contrataques e as transicións rápidas o Sweepend acadaría unha boa ventaxa no marcador,logo do cambio defensivo do equipo local a un 6:0 , o Sweepend seguía a encontrar solucións para acadar o éxito en ataque , as rotacións no equipo cullerdense non baixaban o ritmo e se finalizaría a primeira parte cun 28-11 no electrónico.

Na segunda metade tras 10 minutos de partido o Tui empezou a conseguir superar con máis efectividade a defensa cullerdense, tanto en 1x1 coma no xogo de 2x2 co pivote, isto sumouse a uns minutos de irregularidade ofensiva onde o Tui beneficiabase.Un cambio no sistema defensivo no equipo cullerdense que cambiou a un 5:1 que daba moita máis presión e dinámismo de cara a mellorar na faceta defensiva. O equipo asentouse e volveu a un bó ritmo para acabar con boas sensación o encontro que tivo baixo control en todo o momento.

Tan só queda unha xornada para acabar o campionato ligueiro , no que o Sweepend xa e campión , o equipo segue coa ilusión e ambición de xogar un ano máis un campionato estatal.

Forza Culle.

RESULTADO FINAL : BALONMÁN TUI 28- BALONMÁN CULLEREDO SWEEPEND 49

BALONMANO TUI:Pablo Lorenzo,Izán Perez,Iago Cal,Andrés Fernandez, Sául Rodriguez, Alex Lage, Rubén Gómez,Roque Estévez, Sergio Rodriguez,Jorge Fernández.

BALONMANO CULLEREDO SWEEPEND: Hugo Diaz (p),Hugo García (p),Alejo Martinez, Adrián Veira, Atalo Bello,Jaime Serrano,Josemi Martinez,NIco Casal, Aarón Blanco, Iván Sánchez,Samuel Seijas, Jorge Outón,Iago Vázquez, Anxo Negreira.

ÁRBITRA: Daniela Savic.

INCIDENCIAS: Xornada 17 da liga de Ouro cadete masculino , disputada no Pavillón Municipal Gustavo Rodriguez en Tui.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *