Saltar ao contido

GRAN HAZAÑA DO BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR FRONTE O LÍDER

Sen a penas tempo de recuperación o Bm Culleredo Fisioterapia Benestar partía o domingo rumbo a casa do lider nestes momentos da Liga de Prata Cadete Femenino.

As rapazas chegaban a Redondela despois dunha dura derrota o día anterior fronte ó Bueu.

O partido comezou xa cunha seriedade e unha posta en escea no campo por parte das cullerdenses que lle poñía as cousas difíciles ó Sar , que de seguro non se esperaba co equipo visitante lle complicara as cousas ó seu xogo.

Parecía que nos intres finais do encontro íase repetir a mesma historia do día anterior fronte o Bueu. Pero desta vez, coa lección aprendida xusto do día anterior, as cullerdenses non deixaron que se repetir a historia de volver a perder o encontro no asubio final.

O Bm Culleredo Fisioterapia Benestar logrou unha victoria imposible na recta final da 2ª fase da Liga de Prata, ante sar (31-34), nun encontro no que o combinado do equipo de Redondela perdou e pagou caro o seu error.

O equipo Cullerdense non deu o choque por perdido en ningún momento e pese a ter que remar no marcador nos primeiros compases do encontro , sacou a súa fortaleza para levala victoria.

O Fisioterapia Benestar demostrou carácter, calidade e gen de loitadoras partido tras partido.

Os faios en 7 metros do día anterior eran crucias para o encontro do día seguinte.

As cullerdenses tiveron o primeiro aviso de victoria na primeira parte cunha ventaxa de 4 goles sobre Sar.

As de Sar nun último rexurdir empataron o encontro por dúas veces na segunda metade, demostrando porque están na parte alta da táboa. E comezou un intercambio de goles en ambalas porterías.

Nin ese varapalo apartou do partido as cullerdenses e da loita as redondelanas.

Os cambios realizados pola entrenadora Lucía Vilariño , entraban como revulsivos . As cullerdenses funcionaban cando lograron defender e correr. O lucir de todalas xogadoras aportando de algunha maneira o xogo coruñes, conformaron un ataque e unha defensa difícil de superar, na gran parte do encontro.

SAR B BLUENEWABLES 31 (13+18): Helena Gonzalez Rodriguez, Iria Fernandez Santoro, Candela Martinez Rodriguez, Paula Ayude Tilve , Georgett Andrea Arce Velilla, Maria Rafael Santos,Uxia Crespo Novoa, Carlota Vieiro Perez Otero, Carla Perez Otero, Silvia Varela Arenas, Alba Sampil Ricon , Leire Gonzalez Ricon , Carlota Figueroa Lopez ,Sara Iglesias Perez, Lara Sanchez Piñeiro

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 34 (17+17): Carla Muiño Cancela , Noelia Lopez Andreica,Aroa Barbeito Casas, Maria Bescansa Alcoba, Antia Mosquera Rubiños , Leire Barbeito Casas , Paula Peteiro Vazquez, Lua Fernandez Nuñez, Valentina Martinez Fiuza, Aroa Garcia Pena, Irene Rodriguez Fernandez , Uxia Muñiz Lopez

Parcial Cada 5 Minutos:4-3/5-6/5-8/9-10/11-14/13-17 Descanso 17-19/20-20/22-25/24-26/29-30/31-34 Final

Colexiados Ainhoa Rodriguez Couceiro , Gerardo Alonso Fragua. Excluiron a

Helena Gonzalez Rodriguez, Iria Fernandez Santoro dous minutos e catro a Paula Ayude Tilve polo equipo local. Polo equipo visitante excluiron dous minutos a Aroa Gacia Pena.

Incidencias: 8ª Xornada da Liga de Prata, celebrada no Pavillón Municipal de Redondela- La Bombonera.Con 40 Persoas aproximadamente de público.

Resultados da xornada:

OS DO COUTO BM CAÑIZA - PADTHAIWOK BUEU ATLETICO BALONMAN 22-25

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *