Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO ASEGURA O SUBCAMPIONATO E PODERÁ OPTAR AO TÍTULO NA ÚLTIMA XORNADA

Non se antollaba unha pista fácil O Gatañal, en Cangas do Morrazo e así foi en gran parte do encontro, ata que na segunda parte, o BM.Culleredo aumentaba a diferenza para quedarse cos puntos en disputa.
A tónica inicial entre ambos os conxuntos sería a igualdade, co BM.Culleredo ausente aínda e moi pouco activo, especialmente na súa primeira liña, construíndo pouco xogo colectivo e excesivamente estáticos. Aos poucos e a medida que avanzaban os minutos, os cullerdenses iríanse entoando en facetas defensivas, que á súa vez, axudados pola boa actuación de Óscar Bello en portería, comezarían a asomar a cabeza no electrónico, pasándose do 6-6 no minuto 10, ao 6-8 no meridiano deste primeiro acto. Animados polo funcionamento da retagarda e polo dominio no marcador, o ataque posicional comezaría a ter unha maior viveza, conseguindo boas conexións no 2x2 co pivote. A vantaxe situaríase entón nos cinco goles (10-15), pero un equipo local competitivo e lucindo a velocidade como mellor arma, conseguiría retirarse ao vestiario no tempo de descanso con opcións de voltear o encontro (12-15).
Sería na continuación cando os de Culleredo conseguirían romper definitivamente o partido e con seriedade e oficio, instaurar enseguida unha vantaxe de cinco goles que daría moita vantaxe á hora de controlar o ritmo que máis conviña. Co paso dos minutos e cando xa as diferenzas oscilaban entre os seis e sete goles, os do Morrazo veríanse na obriga de arriscar e atacar sen porteiro, situación que aproveitarían os cullerdenses para ampliar a vantaxe grazas a algunhas recuperacións conseguidas e rematar o partido con ese marcador final de 25-33.
Con esta importante vitoria, o BM.Culleredo asegúrase o subcampeonato de liga e poderá cantar o alirón na última xornada a condición de que se impoña ao BM.Tui no municipal de Tarrío e o Indupor BM.Porriño caia derrotado ante o Magope Seis Do Nadal. Sen dúbida, xornada de tensión e inceertidumbre máxima esa xornada final na 1.ª autonómica masculina.

Luceros "B": 25 (12+13). Mateo Pallas, Javier Piñeiro, Xián Fdez (4), Iago Fonseca (7), Alexandre Gallego (1), Javier Freire (3), J. Manuel Meira (2), Yerom Alfaya, David Pousada (1), Rodrigo Caamaño (1), Juan Estévez (1), Víctor Manuel Costas (3), Miguel Hermelo (2), Elías Aakcha, Mauro Sotelo, Sergio Piñeiro.

BM. Culleredo : 33 (15+18). Cristian Vigo (P) (1), Oscar Bello (P), Carlos Costa (1), Martín ínsua (1), Miguel Casal (3), Marco García, Marcos Vázquez (7), Álvaro Fdez (1), Iago Ferreiro (3), Diego Gago (6), Nuno Loxo (1), Mario Crecente (5), Adrián Rodríguez (2), Juan De Salvador (2).

Parciais cada 5´: 3-2 / 6-6 / 6-8 / 10-12 / 11-15 / 12-15 / Descanso / 14-19 / 15-21 / 17-23 / 20-27 / 23-31 / 25-33 / Final.

Colexiado: Iván Hernández e Sergio Murillo.

Incidencias: Penúltima xornada da primeira autonómica en categoría senior masculino, disputado no pavillón O Gatañal de Cangas Do Morrazo con douscentos siareiros nas bancadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *