Saltar ao contido

UN ÚLTIMO SUSPIRO DE INFARTO

Sobre o asubio final o Bueu conseguía a victoria nun partido igualado de oportunidades dende o minuto 18 da primeira parte.

A balanza non se declinaba hacia ningún lado.

A primeira parte remataba cun 12-12, e mantíñanse as dúbidas, ata o minuto 60 de quen ía acadala victoria.

Chegado o momento crucial do encontro onde as forzas son o que son, .intentouse todo, incluso parecía co cosmos quería co equipo visitante levase a victoria. O Bm Culleredo tivo ata 3 oportunidades dende os 7m para coller ventaxa e gañalo encontro.

Conseguindo opcións de lanzamentos pero sen atino por parte do equipo visitante, foi a tónica dos últimos 5 minutos. Ante iso, non se pode facer nada .Incluso con tódalas perdas de balóns do equipo local, pouco aproveitadas polas cullerdenses non as axudaba.

Cun arranque de partido brillante por parte do Bueu durante 13 minutos onde acadaba a súa maior renta de todo o encontro ( ata 4 goles sobre o Culleredo), non aguantou máis e foi cedendo resistencia.

Os parciais eran importantes. Tanto o Bueu coma o Culleredo sabían defender e houbo momentos de ataques fructíferos nos intres finais. Pero, non era co Fisioterapia Benestar xogara mal, tamén conseguía boas situacións de lanzamento.

Houbo un momento clave no que parecía co Culleredo saía disparado a polo partido. A pesar dun comezo da segunda parte con dous erros de pase e aproveitados pola contra do Bueu no que abriu un unha pequena brecha de 2 goles, as cullerdenses non tiraron a toaia.

O Culleredo foi valente e marcaba o ritmo do encontro que elas querían. Ó final só gaña un dos dous equipos.

Poucas contras se viron por parte do equipo visitante que noutras veces foi xogo clave do seu ataque.

Sen tempo de reseteo ésta fin de semana, o Culleredo, enfrontárase o domingo o líder da competición da Liga de Prata.

PADTHAIWOK BUEU ATLETICO BALONMAN 24 (12+12): Uxia Gil Calviño ,Maria Cabanelas Dominguez , Uxi Torres Docampo ,Mariña Torres Docampo , Leire Camiña Nuñez , Irena Lopez Perez, Aixa Otero Martinez , Raquel Blanco Sanchez, Uxia Soliño Ferreira, Julia Cruz Sayans, Daniela Gil Punzano, Erika Morgado Sotelo

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 23 (12+11): Carla Muiño Cancela, Carla Corral Quian ,Aroa Barbeito Casas, Maria Bescansa Alcoba , Uxia Muñiz Lopez, Leire Barbeito Casas, Paula Peteiro Vazquez, Lua Fernandez Nuñez, Valentina Martinez Fiuza , Noelia Lopez Andreica , Aroa Garcia Pena , Sara Fraga Fraga ,Antia Mosquera Rubiños

Parcial Cada 5 Minutos:5-3/7-3/8-5/11-7/11-11/12-12 Descanso 15-12/17-15/17-17/19-19/23-22 Final

Colexiados : Jonathan Rodriguez Vazquez e Ainhoa Rodriguez Couceiro. Excluiron a Uxi Torres, Julia Cruz dous minutos e catro minutos a Mariña Torres polo equipo local. Tamén Valentina Martinez e Sara Fraga foron excluidas dous minutos polo equipo visitante.

Incidencias: 7ª Xornada da Liga de Prata, celebrada no Pavillón Pablo Herbello. Con 40 persoas aproximadamente de público.

Resultados da xornada

OPTICA STUDIO BM. CANGAS - CORETI LALÍN 30-23

ASMUBAL MEAÑO - COOLSPORT BM PABELLÓN 38-36

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *