Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA CEDE OS DOUS PUNTOS EN CHAPELA

Esta mañá, o BM.Culleredo Canosa Abogacía madrugaba para desprazarse ao pavillón Manuel González Soto co propósito de disputar a xornada número 17 da liga Ouro. En fronte, o Balonmán Chapela, terceiro clasificado e que se xogaba no envite a posibilidade de clasificarse matematicamente para a disputa de ao final Four da competición.
Os instantes iniciais do encontro transcorrían cunha igualdade evidente (4-4 no minuto 5), pero non tardarían as locais en abrir brecha co seu rival, primeiro, cun 2-0 de parcial (6-4) e despois, cun incontestable 6-1 que marcaría unha distancia, ao cabo, imposible de reducir por parte das cullerdenses. A defensa 6:0 proposta polas redondelanas atragoábaselle ás nenas do Canosa Abogacía, pouco afeitas a atacar este sistema e a retagarda fracasaba ante os insistentes 1x1 da primeira liña local. Ao descanso, o partido estaría resolvido de forma virtual despois do dominio do BM.Chapela en todas as facetas do xogo.
Efectivamente, no segundo acto non existíu lugar a sorpresa, aínda que o parcial de 18-16 que reflectía o electrónico neste tempo, deixa claro que as cullerdenses estiveron máis próximas aos suas adversarias.
Boa vontade e entrega deste equipo infantil que terá que seguir progresando no ataque aos intervalos e no posicionamento e contundencia defensiva para subir algún chanzo en tempadas vindeiras.

BM Chapela: 37 (19+18): Valeria Chao, Aroa Fernández, Sabela Fernández, Sabela González, Sara García, Lía Pintos, Nayara Barciela, Alicia Barciela , Erika Sánchez, Antía Fernández, Cloe Fdez, Sofía Domínguez, Daniela García, Noa Garrido.

BM Culleredo Abogacía Canosa: 25 (9+16)14: Sara Fernández (p), Sara Bello (p), Uxía Otón, Alicia Pérez, Thais Villaverde , Aldara Piñeiro, Eva Outón, María Otero, Alba Fernández, Irene Rodriguez, Antía Ferreño, Claudia Soto.

PARCIAIS CADA 5`: 4-4/6-4/12-5/16-7/19-9/ Descanso / 24-12/28-17/31-19/34-22/37-25.

ÁRBITROS: Marta González e Luis Fdez.

INCIDENCIAS: Partido correspondente a xornada 17 na Liga Ouro da categoría Infantil Feminina disputado no municipal Manuel González Soto da localidade redondelán de Chapela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *