Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Xornada previa ás vacacións de Semana Santa, na que os nosos equipos que aínda teñen competición afrontan as derradeiras xornadas ligueiras, nas que se veñen partidos tremendamente desputados.

(IF) BALONMÁN CHAPELA VS BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA

O Abogacía Canosa viaxa a Chapela a enfrontarse a un dos equipos que se atopa máis en forma, sobretodo nesta segunda volta. As nosas queren seguir medrando e competindo nesta liga tan igualada.

(IM) SONRÍAS BAIXAS BUEU ATLÉTICO BALONMÁN VS BM CULLEREDO CLIMANOSA

Partido compricado o que se lle ven ao Climanosa, que se desprazará a Bueu buscando seguir mellorando o seu xogo e se é posible sumar 2 puntos que nos den o premio ao traballo feito ata o de agora. Despois do partido anterior marcámonos como obxetivo mellorar as prestación defensivas e reducilo número de pérdidas na fase ofensiva.

(IM) VAYRO LALÍN VS BM CULLEREDO NOSOLOMADERA

O Nosolomadera enfrontase ó segundo clasificado, o Vayro Lalín.

Un partido onde o Lalín se xoga dous puntos importantes para o título de liga, mentras que o Nosolomadera quere conseguir e consolidar unha praza para o Play Off de cara a poder loitar por unha praza para o Campionato de España.

(CF) PADTAIWOK BUEU ATLÉTICO BALONMÁN VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

SAR RODAVIGO “B” VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

Parece cos desprazamentos fóra do seu feudo , atragántaselle o Bm Culleredo Fisioterapia Benestar nesta segunda fase da Liga de Prata.

No Pavillón Pablo Herbello ás 13:00 do sábado, enfrontaranse por primeira vez esta tempada ó Bueu. As cullerdenses pelexarán polos dous puntos que as saquen dos postos baixos da táboa.

Nesta dobre xornada, o Bm Culleredo Fisioterapia Benestar, visita o primeiro clasificado e claro favorito para a final four da Liga De Prata.

Ó domingo ás 11:30 no Pavillón Municipal de Redondela La Bombonera ,mediranse as forzas ámbolos dous equipos, vellos coñecedores de enfrontamentos anteriores nos que as cullerdenses non poideron levarse a victoria. Pero os encontros ainos que xogar e loitar ata o final asi que confiemos no factor sorpresa.

(CM) CLUBE BM TUI VS BM CULLEREDO SWEEPEND

Penúltima xornada na liga Ouro cadete na que o BM.Culleredo Sweepend, campión galego desde hai dúas xornadas, tentará dar un paso máis cara ao obxectivo de terminar invicto a competición. O encontró, a domicilio, requirirá máxima concentración para que os cullerdenses sumen os dous puntos, xa que o conxunto local do BM.Tui é un equipo que aposta pola velocidade e os seus algarismos anotadores adoitan ser moi altos. O BM.Culleredo Sweepend, por tanto, deberá de mostrar a súa fortaleza defensiva especialmente, así como a atención na fase do repregamento defensivo. O encontro disputarase o Domingo 2 de Abril ás 11.20 no pavillón municipal Gustavo Rodríguez.

(SM) LUCEROS “B” VS BALONMÁN CULLEREDO

O Bm Culleredo, viaxa este próximo Domingo a Cangas para enfrontarse na penúltima xornada da competición ligueira ao Luceros B. Os cullerdenses necesitan unha vitoria para seguir presionando ao líder Porriño e continuar aspirando a proclamarse campións na última xornada. O conxunto do Morrazo, presentará as dificultades propias dun equipo novo, con enerxía e calidade nas súas filas e os de Culleredo deberán de frear o dinamismo e a velocidade do xogo local, impoñendo a súa experiencia na categoría e adecuando o ritmo aos seus intereses. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *