
O Baía Edicións remata a súa andadura na Liga de Prata nunha exhibición de balonmán fronte o Balonman Porriño “b”.
Non tiña todas consigo as Cullerdenses. Logo de perder no partido da casa de 10 contra o Porriño, tocáballe buscala revancha en terras porriñesas na tarde do domingo. Fora da casa, habendo perdido na casa, último encontro, parecía que todo estaba encontra. Pero fora de todas estas constantes, o Culleredo convirteu as contras en pros; disfrutar do último encontro fronte o terceiro clasificado e por en execución todo o entrenado ata o da agora.
Unha primeira parte desputada e reñida. Defensa forte e presión alta, ataque rápido e combinado é o resumo de ámbolos dous equipos nesta parte.
O equipo cullerdense saltou á pista concentrado e sabía o que tiña que facer e o fixo. A señas de identidade dun conxunto que comezou a marcar territorio (ó descanso 11-12).
Tralo descanso, o Culleredo defendeu mellor e ampliou a distancia pola mínima, xa que, o Porriño tentaba unha e outra vez atopalo empate. Pero viuse cas do Baía Edicións non se puxeron nerviosas nin cando lles fixeron defensa individual a todo o campo, momento onde conseguiron unha maior renta de goles.
O Culleredo correu cando tiña que correr e aplicou a pausa cando era necesario.
O Porriño aplicando a súa historia de contras rápidas e accións individuais recortaron goles na recta final do encontro.
Unha gran despedida nesta tempada, onde o Balonmán Culleredo Baía Edicións remata na 6ª posición despois das lesións, superación de obstáculos, derrotas, victorias resumen da liga vivida. En espera dunha segunda competición, o Culleredo seguirá entrenando ata finais de xunio.
BALONMANO PORRIÑO "B" 21 (11+10): Carmen Suarez Godoy (4), Aroa Gardon Davila (1) ,Adriana Barreiro Garcia (11), Aitana Fernandez Frontan , Daniela Estevez Alonso (3), Iria Cuerdo Celada, Olalla Ferreira Carrera (2), Alba Martinez Varela, Carmen Fernandez Gomez, Candela Lago Leiros, Lucia Perez Rodriguez
BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS 25 (12+13): Lua Fernandez Nuñez (1), Marina Rodriguez Fernandez (8), Aitana Tasende Dominguez (4) , Carla Corral Quian , Aroa Barbeito Casas, Maria Bescansa Alcoba (2), Sofia Gerpe Insua (6), Noa Insua Gomez (4) , Leire Barbeito Casas, Paula Peteiro Vazquez, Paula Vidal Rouco
Parcial Cada 5 Minutos: 2-5/4-5/6-7/8-8/8-10/11-12 Descanso 13-15/14-17/16-18/18-20/19-22/21-25 Final
Colexiados: Alberto Rodriguez Rodriguez. Excluiu a Marina Rodriguez dous minutos polo equipo visitante.
Incidencias: 18ª Xornada da Liga de Prata, celebrada no Pavillón Municipal de Porriño.Con 20 persoas aproximadamente de público.
Resultados da xornada:
BM CASELAS - B.M.AROUSA JUVENIL FEMENINO 32-18
AACLINIC BM PABELLÓN - ASMUBAL MEAÑO 30-26
MILLAVEN CENTRO JARDIN CP LUCENSE - BM. BRIGANTIUM NUNEGAL 25-26
BALONMÁN MOAÑA - CORETI LALÍN 18-36