Saltar ao contido

BÓ PARTIDO DO SUTENOR ANTE O CAMPIÓN

O Balonmán Culleredo Sutenor xogaba o derradeiro encontro do campionato regular , en fronte o campión do campionato o CP Lucense. A priori un conxunto moi superior as nosas , onde xa estiveron moi por encima no partido de ida en Lugo . Pero o tempo o traballo e o esforzo fan cambiar as circunstancias e o Sutenor fixo fronte nesta ocasión o lider.

Os primeiros compases do encontro foron protagonizados polas porteiras , Sara Bello polo Sutenor estivo moi acertada axudando o seu equipo a seguir no partido nos primeiros minutos xa que o Lucense tiña pequenas ventaxas no marcador .Pola contra a porteira lucense tamén estivo moi acertada de cara a parar os lanzamentos do Sutenor tanto dende a distancia de 6 metros coma nos lanzamentos de 7metros. Isto foi un pequeno lastre para o equipo cullerdense que ainda tivo a oportunidade de acabar diante no marcador antes de chegar o descanso ,xa que estaba a realizar un bó xogo colectivo .

6-7 resultado o descanso.

A segunda metade pouco a pouco fixose costa arriba , un Lucense moito máis físico ia facendo mella ao equipo cullerdense , ainda así as nosas non se rendian e pese a seguir errando lanzamentos moi claros o equipo seguia incidindo e poder mostrar a mellora no xogo . Na fase defensiva o equipo estaba sólido propiciando erros rivais, ou logrando situacións pouco eficaces de cara o gol a prol das lucenses. No ataque o equipo seguia incidindo no xogo colectivo , ainda que por certos momentos houbo un pequeno atasco , o Sutenor non perdía a esperanza grazas o espiritu competitivo do equipo .

O final as nosas non puideron co lider e o Lucense levouse a victoria ben merecida.Bó partido en xeral do Sutenor que seguen progresando pouco a pouco , o xogo coletivo tanto defensivo como ofensivo demostrado o domingo é o camiño a seguir . Felicidades polo encontro realizado .

RESULTADO FINAL BM CULLEREDO SUTENO 9- C.P LUCENSE 15

Forza Culle.

POR PARTE DO BM CULLEREDO SUTENOR E C.P LUCENSE XOGARON:

BM CULLEREDO SUTENOR: Sara Bello, Antía García, Uxía Otón, María Otero, Evan Otón, Adriana Vázquez,Luana Gómez,Inés Argiz,Cintia Miguez,Noa Otón

C.P LUCENSE: Maria Lopez, Sara Ferreño, Lucian Cando, Angela Gavela, Elia Garcia, Ana Karen, Aya Aferdad, Laura Vázquez, Alessandra López.

PARCIAIS CADA 5`: 0-1/1-3/2-4/3-6/6-7/7-10/8-12/9-13/9-15

ÁRBITROS: Nicolás Casal, Nicolás Vázquez.

INCIDENCIAS: Xornada 14 da liga de prata infantil femenina, disputada no pavillón municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *