Saltar ao contido

Victoria do GalaicoCaravaning para rematar a liga segundos!!!!!

Este sábado os cadetes do grupo Galaico Caravaning, recibían na casa aos veciños do OAR Coruña no municipal de Almeiras, na derradeira xornada desta liga prata, xornada que definiría a clasificación final para o noso conxunto, pendentes do resultado entre o Lucense e o Xiria. Logo que a derrota do lucense e a nosa victoria ante o OAR, deixaríanos nun máis que merecido segundo posto na táboa clasificatoria. E así foi, os nosos non defraudaron, pese a que non foi o seu millor partido, sempre dominaron no marcador, e non baixaron os brazos ata o remate do encontro, polo que a victoria chegou, e con ela, a derrota do Lucense.

O encontro estivo marcado pola defensa dos cullerdenses, que siempre con profundidade e disuasións pares e impares, xeraba moitas dudas nos Coruñeses que eran aproveitadas por estes para correr en segunda ondada e xerar tantos de mañeira sinxela. Aínda así, non foi tarefa fácil vencer aos do OAR, con paciencia e bo facer fumos dominando o encontro, pero nunca chegamos a sentirnos cómodos de todo pra poder encaixarlles un bo parcial e así distanciarnos con boa diferenza no marcador. Nos últimos dez minutos os Coruñeses apretaron dentes e conseguiron encaixarnos un parcial de 8-3 e facer saltar todas as alarmas, pero os de culle non ían deixar ir os dous puntos logo de pelexar todo o encontro.

Ao remate, victoria dos cullerdenses pola mínima que nos deixa no segundo posto da clasificación, posto máis que merecido para este grupo que foi de menos a máis en todo o torneo de liga, mellorando semana a semana e facéndonos desfrutar sempre. Bravo rapaces!!!!! Noraboa pola gran temporada feita!!!!! Agora toca esperar pola copa, imos a por ela!!!!!!!

FORZA CARAVANING!

BmCulleredo GalaicoCaravaning 34-33 OAR Coruña

BmCulleredo: Teo López, Alex Tajes, Nico Díaz, Xoan Bello, Jaime Serrano, Roi Fdez, Hugo Rguez, Gael Fdez, Jairo Míguez, Victor Laya, Felix Noya, Mateo Pérez, Mateo Negreira, Amnxo Negreira, Roi Mourón, Hugo Díaz.

Bm OAR Coruña: Javier Corredeira, Leo Fagot, Yan Rusmir, Carlos Ortiz, Roi Tarrío, Matias Castro, Leo Cousillas, Angel Ortiz, Sergio Prada, Rodrigo Serantes, Victor Alonso.

PARCIÁIS:

1-2/ 3-5/ 6-7/ 9-11/ 14-13/ 16-15/ descanso/ 20-18/ 24-21/ 27-24/ 31-25/ 31-28/ 34-33/ final.

ARBITRAXE:

Jose López Vázquez.

INCIDENCIAS:

Derradeira xornada de liga prata cadete desputada no municipal de Almeiras coas gradas cheas de siareiros cullerdenses.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *